luns, 20 de decembro de 2021

PROGRAMA TEI 2021/22

 

    O programa Titoría entre iguais (TEI)  é unha estratexia educativa para fomentar a convivencia e previr o acoso escolar que consiste en que cada alumno de 1º ESO se lle asigna un titor/a de 3º ESO para que poida axudarlle nas dificultades que vaian xurdindo, especialmente as relacionadas coa convivencia.  Aquí vemos a presentación entre o alumnado entre o alumnado participante neste curso:








 



xoves, 25 de novembro de 2021

25 N. Día contra a violencia de xénero 2021

 Para conmemorar o día contra a violencia de xénero o alumnado do IES de Catabois asistiu a unha charla-taller sobre esta temática. Ademáis todo o centro, profesorado, alumnado e personal non docente participou na gravación dun vídeo cantando a canción de Amaral "Salir corriendo". 

Alumnado da ESO 


                       Alumnado de Bacharelato, PFB, profesorado e persoal non docente







mércores, 17 de novembro de 2021

O que aprendemos da Pandemia

 Xa tivemos a ocasión de coñecer o curso pasado a Sonia Villapol, científica galega que desenvolve o seu labor no Centro Médico de Texas (Houston, EEUU) e que forma parte do Equipo e Investigación Internacional da Covid-19. Unha espléndida divulgadora que un ano máis polo mes da ciencia en galego compartiu o seu saber cos centros educativos galegos. Entre estos centros estivo o 16 de novembro o IES de Catabois participando en directo na videoconferencia “ O que aprendimos da pandemia”  cos alumnos de 3º ESO e 1º Bac.







mércores, 3 de novembro de 2021

VIAXE A ZAGREB (CROACIA). PROXECTO ERASMUS + KA 229 “UPCYCLING: A PROJECT FROM BOTTOM TO TOP”

A creación de obras artísticas a partir de materiais de refugallo é o eixo sobre o que xira o proxecto de intercambio escolar Erasmus no que participa o IES de Catabois. O programa, iniciado o pasado curso pola profesora Carmen Torres –que agora xa non está no centro– permite ao alumnado entrar en contacto con estudantes dos outros cinco países participantes: Polonia, Grecia, Turquía, Portugal e Croacia. Na capital deste último, en Zagreb, foi o primeiro encontro entre representantes de cada un dos socios. Nesta primeira mobilidade viaxaron catro alumnas e dúas profesoras. Alí compartiron experiencias cos demais compañeiros, así como puxeron en práctica as súas competencias lingüísticas en inglés e coñeceron o traballo que cada un dos países está a desenvoler no marco da actividade.

sábado, 22 de maio de 2021

MURO POLA CONVIVENCIA E A IGUALDADE

 

     Dentro dos contratos programa: Con-vive, Iguala-T e Prevención do abandono e do absentismo, estamos realizando entre outras dúas actividades que consisten na decoración do muro de entrada ao IES, así como tamén a decoración de parte do muro do horto escolar. A temática no muro da entrada é a igualdade e a convivencia. A temática do horto será horto, ecoloxía..

   Previamente traballouse nas aulas a idea de igualdade e convivencia co alumnado.  En ambas actividades contamos coa artista local Blanca Escrigas á que se lle presentou o proxecto, e colaborou na dinamización das titorías para que cada clase fose xerando ideas e chegando a acordos sobre a temática que quería que quedase reflectida no traballo final. O alumnado xerou as ideas, algúns incluso fixeron un boceto, e Blanca deulles forma e deseña o mural. Deste xeito todo o alumnado da ESO participou dende o principio na aportación de ideas.

   A semana pasada empezamos a pintar o muro, estas son algunhas fotos do traballo que se vai facendo.

Os comenzos!






Igualdade

Convivencia













mércores, 28 de abril de 2021

Charlas motivación

 

   Estes días o alumnado de 2º e 3º PMAR tivo a oportunidade de contar con Silvia, educadora e orientadora da FSG (fundación secretariado gitano) e con Ismael, mediador familiar, para falar co alumnado e presentarlles a referentes do seu entorno que acabaron os  estudos da ESO e continúan formándose, ben na FP tanto en ciclos de grao medio como superior, como tamén no Bacharelato. 


De estas sesións sairon ilusións e tamén compromisos. Desexamos que loiten polo seu futuro e que continúen formandose.


Proyecto Científico First Lego League

 El equipo Robotbois participa otro año más en la FLL Galicia, este año nuestro proyecto científico es una APP de Hábitos saludables ,aquí os dejamos el orden de ejercicios para las pausas saludables


LISTA EJERCICIOS 

DÍA 1: 

-TRÍCEPS (FLEXIÓN PARED)

-SENTADILLAS CON MOCHILA EN TORSO

DÍA 2: 

-SUBIR Y BAJAR ESCALERAS

-PLANCHA  

DÍA 3: 

-BÍCEPS CON BOTELLAS DE AGUA

-SENTADOS CONTRA PARED ISOMÉTRICO (SILLA)

DÍA 4: 

-COORDINACIÓN CON MANGO ESCOBA (MIENTRAS ABRO Y CIERRO PIERNAS)

-FLEXIONES (CON RODILLAS O SIN)

DÍA 5: 

-JUMPING JACKS (ABRIR Y CERRAR PIERNAS Y BRAZOS A LA VEZ)

-ZANCADAS

venres, 26 de marzo de 2021

TEMPO DE PLANTA

Aproveitando o bo tempo saímos ao noso horto a prantar: cebolas, leitugas, coliflor e repolos 


                                                  Alumnado de 1ºB plantando repolos

 

                                              Alumnado de 1ºA sachando a terra


                                      Alumnado de 2ºA plantado coliflor e sachando a horta


                                             Alumnado de 4ºA plantando leitugas e cebolas


 

luns, 8 de marzo de 2021

Conmemorando o día internacional da muller

   Como non podía ser doutro modo o alumnado do programa Promociona, que ven as tardes dos luns a clase, celebrou hoxe o día internacional da muller elaborando un mural xunto con María a súa profe, e Silvia a orientadora de FSG.



xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Durante toda esta semana estamos a celebrar o día Internacional da Muller e da Nena na ciencia, organizando e celebrando varias actividades como esta, para que as nenas se identifiquen e teñan como referentes mulleres investigadoras e científicas. Grazas á colaboración da AECC (Asociación Española Contra o Cancro)participou nesta experiencia unha investigadora galega nacida en Porto do Son, e que actualmente traballa no INHIBIC (instituto de investigación biomédica da Coruña)onde dirixe a un grupo de persoas que investigan sobre o cancro.

mércores, 3 de febreiro de 2021

DIA DA PAZ

Durante a semana pasada conmemoramos o Día da Paz. Nesta ocasión o alumnado da ESO traballou por quendas nunhos mandalas pola paz Aquí vos deixamos o resultado final!

sábado, 30 de xaneiro de 2021

venres, 22 de xaneiro de 2021

 CHARLA CON PABLO MELLA

Siguiendo la temática de la FLL de este año, invitamos a Pablo Mella a que nos diese una charla informativa sobre montañismo:

Nado en A Coruña no 1975, Pablo Mella é un deportista que practica diferentes disciplinas sempre relacionadas ca natureza. Como montañeiro ten feito cume nos picos mais altos de España en diversas ocasións así como unha ascensión ó Mera Peral (6.476 m) no Tíbet e un trekking ata o campo base do Everest. Ademáis, ten participado en maratóns, trails e ultratrails de mais de 70 kms en moitas cidades de España e no estranxeiro.




Charla sobre diversidade afectivo-sexual

O 21 de xaneiro contamos coa presenza de Cristina Palacios no centro. Ela é a presidenta de Asociación ARELAS (Asociación de familias de menores trans) e unha das impulsoras da Lei de Identidade de Xénero de Galicia.
A Asociación traballa e promove a defensa dos dereitos dos nenos e adolescentes transexuais en todos os ámbitos da vida: educativo, sanitario, xudicial, cultural, deportivo e social. No obradoiro, o alumnado tivo a oportunidade de tratar temas e resolver cuestións sobre o xénero, a orientación sexual, a expresión de xénero... En definitiva, de romper tabús e ao mesmo tempo educarse en diversidade sexual.

domingo, 17 de xaneiro de 2021

 EMPEZANDO CON LAS MISIONES FLL 


Otro curso más la FLL nos invita a descubrir la diversión y la emoción presentes en la ciencia y la tecnología proponiendo un nuevo desafío. Este año la temática es sobre el deporte y las misiones a superar con nuestros robots tienen que ver con él:levantamiento de pesas, baloncesto, remo, baile,...

Como los años anteriores contamos con alumnado de todos los cursos , dispuestos a superar el mayor número de desafíos; trabajando de forma cooperativa y con mucha ilusión.

 1, 2, 3 comenzamos... First Lego League

Por tercer año consecutivo nos aventuramos en la First Lego League, así que nuestro instituto ya está preparando la participación para este curso. 

 

 

     La FLL es un programa internacional que tiene como  objetivo el despertar el interés por la ciencia y la tecnología entre los jóvenes. Está dirigida a alumnos de entre 10 y 16 años y pensada para que trabajen en equipos, como una fórmula para apostar por el aprendizaje colaborativo y cooperativo con una puesta en escena atractiva, creativa y totalmente innovadora.


 El desafío consta de tres partes: la realización de un proyecto científico con una solución innovadora, la competición de robots, en la que cada equipo construye un robot de LEGO para resolver las misiones que se presentan en una partida contrarreloj, y la presentación de valores FLL: nosotros trabajamos, nosotros enseñamos lo que trabajamos y somos conscientes de cómo lo hacemos.