Dentro dos contratos programa: Con-vive,
Iguala-T e Prevención do abandono e do absentismo, estamos realizando entre outras dúas actividades que
consisten na decoración do muro de entrada ao IES, así como tamén a
decoración de parte do muro do horto escolar. A temática no muro da
entrada é a igualdade e a convivencia. A temática do horto será horto,
ecoloxía..
Previamente traballouse nas aulas a idea de igualdade e convivencia co alumnado. En
ambas actividades contamos coa artista local Blanca Escrigas á que se
lle presentou o proxecto, e colaborou na dinamización das titorías para que
cada clase fose xerando ideas e chegando a acordos sobre a temática que
quería que quedase reflectida no traballo final.
O alumnado xerou as ideas, algúns incluso fixeron un boceto, e Blanca
deulles forma e deseña o mural. Deste xeito todo o alumnado da ESO
participou dende o principio na aportación de ideas.
A semana pasada empezamos a pintar o muro, estas son algunhas fotos do traballo que se vai facendo.
Os comenzos! |
Igualdade |
Convivencia |
Ningún comentario:
Publicar un comentario