Estes días o alumnado de 2º e 3º PMAR tivo a oportunidade de contar con Silvia, educadora e orientadora da FSG (fundación secretariado gitano) e con Ismael, mediador familiar, para falar co alumnado e presentarlles a referentes do seu entorno que acabaron os estudos da ESO e continúan formándose, ben na FP tanto en ciclos de grao medio como superior, como tamén no Bacharelato.
De estas sesións sairon ilusións e tamén compromisos. Desexamos que loiten polo seu futuro e que continúen formandose.
Ningún comentario:
Publicar un comentario