Xa tivemos a ocasión de coñecer o curso pasado a Sonia Villapol, científica galega que desenvolve o seu labor no Centro Médico de Texas (Houston, EEUU) e que forma parte do Equipo e Investigación Internacional da Covid-19. Unha espléndida divulgadora que un ano máis polo mes da ciencia en galego compartiu o seu saber cos centros educativos galegos. Entre estos centros estivo o 16 de novembro o IES de Catabois participando en directo na videoconferencia “ O que aprendimos da pandemia” cos alumnos de 3º ESO e 1º Bac.
Ningún comentario:
Publicar un comentario