mércores, 3 de novembro de 2021
VIAXE A ZAGREB (CROACIA). PROXECTO ERASMUS + KA 229 “UPCYCLING: A PROJECT FROM BOTTOM TO TOP”
A creación de obras artísticas a partir de materiais de refugallo é o eixo sobre o que xira o proxecto de intercambio escolar Erasmus no que participa o IES de Catabois. O programa, iniciado o pasado curso pola profesora Carmen Torres –que agora xa non está no centro– permite ao alumnado entrar en contacto con estudantes dos outros cinco países participantes: Polonia, Grecia, Turquía, Portugal e Croacia. Na capital deste último, en Zagreb, foi o primeiro encontro entre representantes de cada un dos socios.
Nesta primeira mobilidade viaxaron catro alumnas e dúas profesoras. Alí compartiron experiencias cos demais compañeiros, así como puxeron en práctica as súas competencias lingüísticas en inglés e coñeceron o traballo que cada un dos países está a desenvoler no marco da actividade.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario