venres, 22 de xaneiro de 2021
Charla sobre diversidade afectivo-sexual
O 21 de xaneiro contamos coa presenza de Cristina Palacios no centro. Ela é a presidenta de Asociación ARELAS (Asociación de familias de menores trans) e unha das impulsoras da Lei de Identidade de Xénero de Galicia.
A Asociación traballa e promove a defensa dos dereitos dos nenos e adolescentes transexuais en todos os ámbitos da vida: educativo, sanitario, xudicial, cultural, deportivo e social.
No obradoiro, o alumnado tivo a oportunidade de tratar temas e resolver cuestións sobre o xénero, a orientación sexual, a expresión de xénero... En definitiva, de romper tabús e ao mesmo tempo educarse en diversidade sexual.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario