venres, 6 de xullo de 2018

TI MARCAS A TÚA SEXUALIDADE

Na semana do 17 de maio, ademais da celebración do Día das Letras Galegas,  tamén conmemoramos o Día internacional do orgullo LGTB e reflexionamos sobre a identidade sexual , a historia desta data... e finalmente, a rapazada de 3º decidiu que a bandeira LGTB sería o fondo para o marcador de páxinas que lle van entregar ás súas compañeiras e compañeiros no vindeiro curso.

Xa tiñamos o primeiro paso para a confección do produto final do programa Quérote+ deste ano. Agora só faltaba un enunciado que recollese a esencia do aprendido a partir do labor do profesorado Quérote+.

Aquí tedes o resultado final, que saíra de imprenta esta semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario