venres, 6 de xullo de 2018

ADOLESCENTES: FRANCIA-ESPAÑA. (QUÉROTE+)


O INICIO DAS RELACIÓNS SEXUAIS NOS ADOLESCENTES

Obxectivo:
·         Dar a coñecer os datos relativos os inicios das relación sexuais nos adolescentes
·         Comparar os datos que fan referencias os adolescentes españoles frente os adolescentes franceses
Destinatarios:
·         Alumnado de 3º da ESO do IES Catabois
Profesorado:
·         Sonia Anido Doeijo
Temporalización:
·         Unha sesión de 50 minutos

Desenvolvemento da actividade:
            Organizouse o desenvolvemento da actividade en unha sesión. A profesora expuxo os datos atopados mediante unha búsqueda en Internet. Tratábase de comparar a idade en que os adolescentes españois teñen a súa primeira relación sexual, entendendo a relación coa penetración fronte a idade dos adolescentes franceses con respecto a esa relación sexual.
         Os datos atopados na rede nos mostran unha clara diferenza de idade entre os españois e os franceses. En Francia, a pesar de estar estipulado como 15 anos, a idade legal para ter relacións sexuais, os adolescentes franceses comezan a ter relacións como penetración a partir dos 16 anos. En España, sucede o caso contrario, xa que a idade legal está fixada en 16 anos, pero os adolescentes españois teñen a súa primeira relación sexual con penetración con 15 anos.
        A profesora puxo en común estes datos cos alumnos e comprobou que a idade que viña recollida nos estudios  non distaba moito da idea que tiñan os alumnos respecto o inicio das relacións sexuais en España. Tamén se comprobou que os alumnos tiñan claro que esas relacións en Francia tiñan que ser máis tardías que en España. Algúns alumnos recoñecían que eles xa tiveran relacións sexuais con penetración, aínda que a profesora optou por non facer directamente esa pregunta. A resposta por parte deles saíu de  forma espontánea.
        Intentouse analizar as causas polas que un/a adolescente decide ter a súa primeira relación sexual con penetración. Case todos estiveron de acordo que inflúe moito no medio no que te moves, cos compañeiros que soes estar, se eles xa tiveron relacións sexuais ou pola contra non as tiveron aínda.
       
Conclusión:
           Foi unha sesión moi amena onde cada alumna aportou o seu punto de vista e puidemos poñer en común opinións moi diversas e incluso xenaramos un pequeno debate que estivo moi entretido e produtivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario