O día 13 de xuño o alumnado e profesorado da ESO, Bacharelato e PFB realizaron unha saída a unha parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, as Illas Cíes. Colleron o barco en Vigo e á chegada ás illas realizaron unha ruta de senderismo para coñecer este espazo protexido, fomentar a convivencia entre o alumando e o profesorado e promover hábitos de vida saúdable.
Despois de xantar, gozaron das praias destas preciosas illas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario