martes, 2 de maio de 2023

Plan Proxecta+: A Historia da Cartelería

   Como parte do Plan Proxecta+ Galicons "Publicidade Sana" que estamos a desenvolver no IES de Catabois, na materia de Historia e coordenados coa profesora Patricia Ramos, estivose a traballar ao longo do mes en cinco sesións a publicidade na época de entreguerras.

   Os alumnos poideron traballar sobre diversos tipos  de carteis cos diferentes estilos de xeito que os poden poñer en contexto histórico. Poidemos ver a diferencia entre os diferentes estilos que se crean nunha época onde a publicidade e a propaganda reciben un forte impulso, sendo  onde están os inicios do actual tratamento publicitario da imaxe.




Ningún comentario:

Publicar un comentario