venres, 26 de maio de 2023

Os Alumnos do IES de Catabois participan no Minimarket Ferrolterra

Os alumnos de 4º de ESO do IES Catabois participaron no Minimarket Emprende organizado por Asociación de Xóves Empresarios de Ferrolterra, con dous proxectos.

O Proxecto Catacuncas consistía na creación dunha empresa destinada a facer produtos individualizados para membros de organizacións (empresas, educacións, centros educativos, etc... ) que promovan o sentido de pertenencia á mesma. Como exemplo levamos unhas cuncas persoalizadas.

O Proxecto Aquads consiste en crear unha empresa de importación e venda de quads aos que se lles incorpora unha peza que os convirta en insumerxibles, grazas á industria do metal de Ferrolterra. 

Os alumnos disfrutaron dunha grande experiencia onde tiveron que preparar o proxecto ao longo do curso en diversos talleres, tiveron que preparar a exposición e tiveron que defender o proxecto diante do xurado do evento.

Noraboa a todos os participantes.






  











Ningún comentario:

Publicar un comentario