luns, 7 de maio de 2018

PROXECTO TERRA VISITA PORTO IV


Continuamos co relato da nosa viaxe a Porto coa visita á Casa da Música, que se converteu noedificio emblemático da arquitectura recente da ciudad. O holandés Rem Koolhaas foi o autor do proxecto deste polígono irregular a modo de xigantesco diamante inaugurado en 2005, que asombra o visitante polas súas dimensións e emprazamento. 


A visita permitiunos acceder ás súas salas más importantes, nas que un sinfín de referencias evidencian a intencional vinculación entre o novo e o vello. 

A carcasa, que funciona como unha escultura, envolve no interior unha suma de salas anexionadas como caixas funcionales diferenciadas que conteñen diversos elementos alusivos como o xogo de perspectivas ou as imaxes holandesas e relixiosas dos azulexos pintados a man da sala VIP. Os nosos alumnos pudieron, así mesmo, experimentar con distintas propostas de acústica.

A barroca sala principal de concertos, de paneis dourados, obedece aotípico deseño de caixa de zapatos, pero ofrece unha dobre apertura ao exterior, mediante un dobre ventanal que permite o paso da luz a través dun sistema de vidros ondulados. 
o recibidor de entrada xoga co baleiro da estrutura e amosa un contraste sorprendente de volumes e alturas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario