Como
queira que sexa, e a pesar dos esforzos realizados polas diferentes administracións, vemos cada
día como a violencia contra as mulleres segue a ser unha vergoñenta realidade.
Por iso un grupo de 10 profesoras do centro
xunto con 23 alumnas e alumnos de 2º ESO, propuxémonos solicitar un
proxecto á Xunta a través do Plan Proxecta para traballar neste tema e facer
todo o que estivese na nosa man para que, cando menos na nosa comunidade
escolar isto non fose así.
O
alumnado que participou neste proxecto estivo
moi implicado durante todo o proceso, pois xa viña traballando nesta
temática dende principios de curso. Parte do grupo cursaba a optativa de
Igualdade de Xénero e a outra parte a de Promoción de Vida Saudable, co cal estaban
emocionados e non foi difícil facelos partícipes do proxecto.
Partimos
das ideas previas que tiñan, fixemos a sensibilización a partir de vídeos e
curtas nos cales se vía o papel das nenas e das mulleres en diferentes partes
do mundo: como non tiñan acceso á escola, cargaban con todo o peso no fogar,
non eran valoradas polo seu traballo a pesar do seu esforzo… non fixo falta
nada máis, a partir de aí e como símbolo da actuación que ían facer, decidiron debuxar a silueta dunha árbore en
papel continuo e colocar nela as follas cheas de mensaxes, unas de alento e
outras de loita que rexeitaban calquera tipo de violencia.
Estas
son algunhas das actividades que fixemos nas horas de titoría, e nas que participamos,
das cales amosámosvos algunhas fotos:
- 20 febreiro xornada co título “recuperación integral das mulleres que sofren violencia de xénero”. Impartida por de María Pilar, psicóloga do CRI (centro de atención e recuperación integral de vítimas de violencia de xénero).
- do 13 ao 23 de
marzo trouxemos una exposición gráfica ilustrada ao IES formada por 11 paneis
co título ´”Á violencia de xénero… dille non”, dirixida a axudar ao alumnado a
recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas nocivas nas súas relación.
- Con motivo da
conmemoración do 8 de marzo día Internacional da Muller, e coincidindo este día
coa folga feminista convocada co lema “si nosotras paramos se para el mundo”
fixéronse varias actividades onde participamos conxuntamente co profesorado e alumando involucrado no Quérote+ e mais en Donas de si. O alumnado elaborou un mural que logo levou á manifestación
convocada cerca do noso IES, e tamén expresaron os seus motivos e as súas
razóns de por qué secundaban a folga nunhas pegatinas que colocaron nos mandís
das súas nais, avoas, tías… Fixádevos no resultado nas seguintes fotografías:
- durante 3 xoves do mes de maio na hora en que o alumnado ten a optativa de Igualdade ou Promoción de Estilos de Vida Saudables, leváronse a cabo uns “obradoiros sobre igualdade e diversidades sexuais” grazas a colaboración entre a Concellería de Igualdade do Concello de Ferrol e as profesoras das respectivas áreas
Iolanda e Margarita.
O 22 de maio houbo unha xornada de
sensibilización co tema: “A nova escravitude do século XXI: trata de seres
humanos con fines de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero”.
Nesta charla, Roberto, pedagogo e coordinador do centro de Día O Mencer enFerrol, contoulle ao alumnado unha realidade que non hai que ir a buscala moi
lonxe, a cidades como Madrid ou Barcelona, senón que acontece aquí, cando mulleres e nenas vítimas de trata con fines de
explotación sexual son traídas a Ferrol e comarca. Esta charla impactoulles
moito, pois deu a coñecer unha realidade descoñecida para eles.
Como podedes
observar, a involucración e mais a participación do noso alumnado nestas
actividades foi exemplar. Para o curso que vén agardamos seguir co programa e
contar, coma sempre, coa implicación da nosa rapazada. Agradecemos tamén o
labor das profesoras participantes que en ningún momento dubidaron en ofrecer o
seu tempo para traballarmos xuntas.