No día internacional da muller traballadora, as nais, avoas, irmás, tías, primas, fillas... do noso alumnado, foron as protagonistas na celebración do día.
Trouxemos os seus mandilóns e plasmamos neles os motivos polos que nós tamén parabamos en apoio á folga convocada polos colectivos feministas. Promovido desde o equipo Quérote+ e Igualdade de Xénero, tamén colaboraron especialmente Por 365 días de respecto e igualdade e Donas de si.
Logo de confeccionarmos a pancarta, colgamos os mandilóns no cerre do instituto e marchamos cara o punto de encontro coa manifestación máis próxima.
Foi moi emotivo ver como traballadoras e nais se achegaban a nós e dábanlles os parabéns ás alumnas e alumnos que alí estaban protestando pola aínda precariedade e desigualdade da muller no traballo. Logo das 2 horas de paro volvemos ás aulas e deixamos no corredor central a pancarta e mais os mandilóns como lembranza do día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario