Obradoiro de instrumentos de corda tradicionais galegos dirixido polo instrumentista porriñés Pancho Álvarez no marco do Programa Ponte nas Ondas, no cal o IES de Catabois está adscrito.
Logo dunha presentación por parte do alumnado do artista e do Programa Ponte nas Ondas, o instrumentista amosa ao estudantado unha selección de instrumentos de corda tradicionais galegos, violín, viola, lira, viola de gamba, arpas medievais, guitarra de dez cordas, zanfona, entre outros, e interpreta melodías tradicionais ao tempo que os convida a que collan os instrumentos e toquen. Así mesmo, explica a orixe medieval de moitos destes instrumentos como a arpa medieval, que está elaborada a partir de petróglifos galegos, e mesmo a zanfona, herdeira do organistrum do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela.
En distintos momentos do obradoiro, Pancho Álvarez interactúa co alumnado presente, quen lle vai facendo preguntas previamente preparadas na aula arredor da súa actividade musical e dos instrumentos que presenta.
A obradoiro será complementado na aula con actividades sobre instrumentación e visionado da APP Os instrumentos do Pórtico da Gloria”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario