xoves, 14 de marzo de 2024

CHARLA PREVENCIÓN ACOSO E CIBERACOSO

    No día de hoxe o alumnado de 1º ESO participou nunha actividade contra o acoso e o ciberacoso escolar grazas ao Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos. Foi impartida por Beatríz, axente da Policía Nacional.

   

 

   Puxo énfase nas consecuencias do acoso escolar para quen o sufre, e  na responsabilidade de todos en denuncialo e combatilo. Tamén lembrou as consecuencias legais dos causantes, e falou da lei do menor e da responsabilidade familar. 






 A continuación lembramoslles a existencia do punto laranxa (físico no corredor da aula de Tecnoloxía, e virtual na pax. web) que funciona como un buzón no que o alumnado, dende o anonimato, pode trasladar situacións de acoso propias ou que perciban en terceiros.


Completouse a sesión coa participación do alumnado mediador de 3º ESO que quixo incidir  no uso da mediación como proceso de resolución de conflitos, no que se traballa co outro e non contra o outro, para buscar unha solución que satisfaga a todas as partes.

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario