mércores, 26 de xuño de 2019

QUEN É QUEN ENTRE AS MULLERES GALEGAS

Este ano os rapaces e rapazas de 2º de ESO construíron un xogo destinado a darlles a coñecer aos rapaces e rapazas máis pequenos da casa a todas as mulleres galegas que coa súa actividade contribuíron e seguen contribuíndo aos avances da nosa sociedade.

Para elaborar a súa proposta tomaron como modelo o clásico xogo de mesa de preguntas e respostas "Quen é quen?"

 O traballo desnvolveuse en varias etapas:

a) Seleccionamos mulleres de todas as épocas que fixeron un labor importante en distintos ámbitos (artes, ciencias e tecnoloxía, deporte...) independentemente de que obtivesen recoñecemento (ou non) na sociedade do seu momento.
b) Organizamos a información que incluiriamos en cada tarxeta para facilitar o xogo.

NACEU: SÉCULO XIX
PROVINCIA: A CORUÑA
MORREU: SÉCULO XIX
PROFESIÓN: ESCRITORA
ESCRIBIU: POESÍA
LIBRO MÁIS FAMOSO : CANTARES GALLEGOS
NACEU: SÉCULO XIX
PROVINCIA: A CORUÑA
MORREU: SÉCULO XX
PROFESIÓN: ESCRITORA
ESCRIBIU: NOVELA
LIBRO MÁIS FAMOSO:
LOS PAZOS DE ULLOA


c) Elaboramos as tarxetas en papel e posteriormente as plastificamos.




d) Escollemos uns taboleiros e os dividimos en seccións para dispoñer as tarxetas.







 e) Marcamos os lugares onde irían as bisagras.



 

f) Pintamos de vermello os taboleiros.






g) Fixamos as bisagras nos taboleiros.








h) Fixamos uns tarxeteiros de plástico transparente nas bisagras para introducir posteriormente as tarxetas.



i) E montamos o noso xogo!!!


QUE MULLERES TERÍAN QUE APARECER NO NOSO LIBRO DE TEXTO?

Os rapaces de 4º de ESO, profundamente concienciados coa escasísima presenza de mulleres no seu libro de texto de Lingua Castelá e Literatura, realizaron un fondo proceso de investigación para tratar de reivindicar o labor de distintas escritoras que desenvolveron a súa produción literaria dende o século XVIII ata a actualidade.
Cun profundo espírito analítico, estudaron as causas que levaron aos críticos a excluír a estas féminas do canon literario dos séculos XVIII, XIX e comezos do XX e, así mesmo indagaron nas razóns que axudaron a que as mulleres ocupasen o lugar que lles correspondía no eido literario dende a democracia ata a actualidade.

A continuación realizaron unha selección de autoras e crearon carteis que incluísen unha imaxe e un resumo sobre as características máis relevantes de cada unha delas.












sábado, 22 de xuño de 2019

ENTREGA DE DIPLOMAS DE RECOÑECEMENTO TITORES TEI

No festival de fin de curso fíxose entrega aos titores e titoras TEI de 3º e 4º ESO dos diplomas acreditativos onde se lles recoñece e agradece: o esforzo, o compromiso, e as actitudes positivas amosadas durante todo o curso.

Ben feito rapaces, sen vós isto non sería posible!

martes, 18 de xuño de 2019

RECOLLIDA DE PREMIOS CONSUMÓPOLIS 14

   O día 14 de xuño acudimos á entrega de premios Consumópolis 14 no salón de actos da EGAP en Santiago de Compostela.
  Os alumnos e alumnas de 1º da ESO, integrantes do grupo RINAK e autores do produto "Zapatillas Caucho Sport" recibiron un diploma por acadar co seu traballo o 2º premio na categoría B.


  Os alumnos e alumnas de 3º da ESO, integrantes do grupo LAMIS e autores do produto "Ventilador USB" recibiron un diploma por acadar co seu traballo o 2º premio na categoría C. 
  

O alumnado premiado asistiu ao acto acompañado pola directora do centro, polas profesoras que os guiaron na elaboración dos traballos premiados e por outros alumnos e alumnas do centro.


xoves, 13 de xuño de 2019

PREMIOS CONSUMÓPOLIS 14

O día 12 de xuño foi publicado no DOG a  resolución do 20 de maio de 2019, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se publica a relación dos premios da fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-14, na que dous dos nosos tranballos foron premiados en dúas categorías co segundo premio.
Na categoría B (1º e 2º da ESO) co produto "ZAPATILLAS CAUCHO SPORT"

Na categoría C (3º e 4º da ESO) co produto "VENTILADOR USB"



luns, 10 de xuño de 2019

CULTIVANDO HABILIDADES

No día de hoxe fixemos unha actividade do Quérote +  na que a rapazada tiña que poñer en práctica diversas técnicas para facer fronte á presión do grupo de iguais.  Estas son algunhas das imaxes que reflicten o moito e ben que traballaron.






Poñendo en práctica a técnica do banco de néboa. Situación: levas tempo cunha persoa e esta proponche ter relacións eróticas baixo o argumento de que "todos os meus amigos e amigas o fixeron". Cal sería a túa réplica?


Practicando a autoafirmación. Situación: estades todos/as nun parque no que hai xente consumindo alcol e fumando porros. Ofrécenche fumar pero ti non qures. Que argumentos empregarías para expresar que non desexas consumir?


Poñendo en práctica a técnica do disco raiado.Situación: A túa parella pídeche como mostra de amor que te tatúes o seu nome. Como actuarías?

Agora tocaba representar  diferentes situacións que se lles plantexaban, facendo uso das técnicas aprendidas.

Situación: Viches en Instagram que está de moda o pelo gris, e a xente do teu grupo está empezando a tinxir o pelo, pero a ti non che gusta. Como reaccionarías aos seus comentarios de que "non vas á moda"?




Situación: resistir a presión do grupo para tomar bebidas alcólicas.



Situación: resistir á presión de manter relacións sexuais.