domingo, 28 de abril de 2019

PROXECTO TERRA - ACTIVIDADES CURSO 2018-19


PROXECTO TERRA


CURSO 2018-19

Por segundo ano participamos r co  alumnado de 2º, 3º y 4º de ESO no Proxecto Terra integrado no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os días 9 e 10 de abril, dentro  do proxecto, tmos concederon a actividade complementaria INTERCAMBIO TERRITORIAL GUIMARAES (Portugal).

Este proxecto desenvolveuse  durante todo o curso participando 47 alumnas/os e 7 profesoras.A organización realizouse a través  dos ámbitos de coñecemento, lingüístico, , histórico-xeográfico, tecnolóxico e  artístico. Realizando diversas actividades encamiñadas a promove no noso alumnado o coñecemento do territorio e a súa posta en valor dende a identidade. 

ACTIVIDADES REALIZADAS

-"RUTAS LITERARIAS ARTÍSTICAS E CIÉNTIFICAS"

O alumnado de 3º e 4º da ESO na primeira  semana de novembro participou no programa   convocado polo o Ministerio de Educación e Formación Profesional " Rutas literarias artísticas e cientifícas".. Realizando a Ruta  “Murcia y Andalucía (Andalucía Oriental)” . Participaron 22 alumnos/ acompañados por as profesoras Pilar e Teresa. Compartiron a viaxe co IES I Esteban Manuel de Villegas  de Najera  ( A Rioxa).
O Tema específico  a desenvolver:  "O noso patrimonio cultural como legado do pasado e un recurso para o futuro", considerando a iniciativa da Unión Europea para o ano 2018 como o Ano europeo do patrimonio cultural.
As primeiras actividades realizáronse, nas clase de   Lingua Castelá, Música, Inglés, Tecnoloxía e Xeografía e Historia.  Repartíronse as tarefas, entre as diferentes áreas para realizar,  unha presentación  do patrimonio material e inmaterial, cultural , etnográfico, artístico, costumes, localización  ..etc.. de Ferrol e contorna , para amosarlla ao centro da Rioxa. O Centro da Rioza tamén realizou a presentación do seu lugar de orixe .
 As Presentacións serviron de  de intercambio cultural e facilitou o coñecemento e a interrrelación do noso alumnado co da Rioxa.
Durante o desenvolvemento do programa fixerónse visitas  a  diferentes centros de investigación con desenvolvemento aplicado de coñecementos científicos, centros de observación, laboratorios, paseos por parques naturais,  centros históricos, cidades de interese artístico, literario e musical, museos, teatros, auditorios, ambientes literarios, etc. , máis emblemáticos de   Cartaxena, Almería, Granada e Málaga.

O álbum da viaxe publicouse no blog do IES  de Catabois coa etiqueta “Rutas Cal” 

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

O alumnado de 2º da ESO centrou as actividades neste primeiro trimestre en tratar os aspectos máis signifcativos da “Paisaxe,” nas materias de Xeografía e Historia,  Inglés, Galego, Tecnoloxía, Educación Plástica  e Valores Éticos.
Realizouse unha análise da toponimia e a paisaxe que serviulles para comprender e entender coma forma parte da identidade patrimonial e cultural.
Na materia de Tecnoloxía  realizaron traballos de investigación:

A CASA DE PAMPÍN

Aproveitamos,  en todos os niveis , no tempo semanal de lectura na aula, para ler o cómic de Miguel Anxo Prado ” A CASA DE PAMPÍN”

Durante á hora de titoría, tendo como base o cómic, realizamos un debate sobre a importancia e o valor  das terras, o que nos impón unha sociedade consumista e como temos que loitar para manter edificios con un equilibrio coa paisaxe.


 “IDENTIDADE  TERRITORIAL”


Traballamos a   unidade do Proxecto TERRA –PAGUS, “IDENTIDADE  TERRITORIAL”, proxección do vídeo, realización do caderno de traballo e continuamos con debates e análise e concreción  do seu contorno, Ferrol e comarca, coa finalidade de que o alumnado comprenda os diferentes elementos que configuran o hábitat, as transformacións feitas polo ser humano e os seus impactos negativos, a necesidade de ordenar o territorio, a identificación daqueles elementos organizadores da paisaxe que perduran no tempo e a ligazón entre ser humano e territorio. 


ANALIZANDO A CONTORNA  , A NOSA CIDADE:  FERROL


O alumnado de 3º e 4º de ESO realizaron un percorrido pola cidade de Ferrol identificando e fotografando  aspectos negativos como rúas, vivendas, espazos de lecer en situación de deterioro o ruinoso. 
Fotografías que serviron de base para o debate e reflexión sobre a importancia e necesidade de  actuar, administracións e cidadanía, reparando e rehabilitando moitas zonas e edificios.
Este abandono na reparación de rúas, estradas, zonas axardinadas,  valados, o estado ruinoso de edificios tanto en barrios periféricos coma na zona Centro, levoulles a a pensar  na importancia de mellorar a actuación humana con respecto ao hábitat e como repercutirá nas súas vidas de continuar  sen variar estas situacións.

Un grupo de alumnas/os de 3º e 4º de ESO nas clases de Valores éticos guiados pola  súa profesora, Mónica, fixeron unha pequena presentación  amosando algunhas destas situacións. Podedes vela no seguinte enlace: FERROL



INTERCAMBIO TERRITORIAL 

GUIMARAES (PORTUGAL)


O día 9 de abril  comezamos (30 alumnos/as acompañados polas profesoras Mónica, Carmen e Rosa)  a nosa andadura cara a Guimaraes (Portugal).
A primeira parada é preto de Guimarães, no alto do monte de S. Romão sobre o magnifico val do río Ave, para realizar, a pesar da choiva, o percurso por Citania de Briteiros un dos exemplos máis significativos da cultura castrexa que desenvolveuse no século II a.C. no Noroeste da Península Ibérica.




Neste lugar , son visibles os trazos da organización dunha cidade , con as súas rúas, protexidas por murallas , dentro das cales estaban as estancias de planta circular ou rectangular dispostas as veces, en pequenas “mazás” , incluíndo refuxios para o gando. Sorprende apola súa beleza e conservación





Tras  xantar nos diriximos ao Mosteiro de Souto San Salvador. Igrexa románica, barroca e neoclásica, pertencente ao antigo mosteiro medieval dos canónicos de San Agustín. Aínda conserva algún vestixios do templo primitivo, como a cornixa con elemento de banda decorado visigodo e lombardo.
Os veciños do lugar son os  que preocupáronse e ocúpanse  da  súa conservación e mantemento. 








A primeira hora da tarde, chegamos a Guimaraes, considerado o lugar onde  naceu  Portugal,porque foi onde naceiu o primeiro rei de Portugal, Alonso Henriques,que se convertiría en Alfonso I de Portugal Realizamos un pequeno percurso guiado en autobús pola cidade rematando na base do teleférico. 



A continuación, a pesar da choiva intermitente,subimos no  teleférico ao Monte da Penha ou Monte de Santa Catarina. Alí poidemos desfrutar dunha paisaxe natural única.



No máis alto atopase oSantuario da Penha, centro moi importante de peregrinación  e faro de Guimaraes. Monumento de gran beleza no medio dun bosque frondoso con fontes e camiños entre grandes rochas de granito redondeadas, excavada nunha delas atopase a  Ermida de Nossa Senhora do Carmo”,, que visitamos internándonos nunha especie de paso.















Despois do descenso cara á cidade, e unha vez deixado o equipaxe no albergue, fomos visitar un antigo curtume, restaurado e convertido hoxe no Centro "Ciencia Viva-Curtir Ciencia", situado na zona   de Couros da cidade, que  destacou durante séculos polo tratamento de coiro e téxtiles. Nalgúns dos seus pavillóns podemos asistir aos seus talleres de robótica, reciclaxe, astronomía e comunicacións.

Completamos a intensa xornada cun paseo nocturno polo centro da cidade para contemplar no seu Largo do Toural as súas famosas luces de Nadal que manteñen ao longo do ano e que é un orgullo para os seus veciños.


No segundo día tras o almorzo e recollida das habitacións no albergue, comezamos visitando a zona de Couros.

A tradición do traballo en coiro xa é antiga en Guimarães. Actividade que tivo lugar desde a Idade Media fóra das antigas murallas xunto ao río que atravesa a cidade, nunha zona coñecida por ser o burgo de Couros e onde actualmente atópanse os vestixios desa antiga conexión co fabricación das peles.

O antigo “burgo de couros” era a zona mais insalubre de Guimarães. Os curtidores e surradores eran as categorías profesionais  ligadas a esa desaparecida manufactura da curtimenta que nos legou un espazo onde é posíbel apreciar as condicións de traballo dun primitivo parque industrial.

Continuamos a nosa andadura visitando o Centro Histórico de Guimaraes. O alumnado realizou actividade en grupos  “Á descoberta do Centro Histórico de Guimaraes”, resolvendo as pistas que lles proporcionaba a actividade, descubriron os monumentos e lugares máis significativos do centro histórico dun xeito moi dinámico e ameno. Resultoulles moi entretecido.








Rematada a actividade nos diriximos a visitar o antigo Castelo de Guimarães , que defendeu á antiga cidade dos ataque de árabes e normandos. O pequeno castelo é unha ruína parcial na cima do Monte Largo. De camiño pasamos polo Pazo dos Duques de Bragança.
Coa visita do Castelo completamos a nosa visita, e despois de xantar regresamos   a Ferrol, realizando pequena parada na Fortaleza.  

Moitas grazas a todos/as os/as  que fixeron posíbel que puideramos facer  esta viaxe tan enriquecedora e agradable. 








Museo do Castro de Viladonga











 O día 23 de abril realizamos a visita ao Castro e museo de Viladonga.
O conxunto arqueolóxico e museístico de Viladonga ocupa todo o cumio dun monte desde o que se domina un amplo panorama sobre a Terra Chá lucense e as serras de Monciro e de Pradairo e a de Meira. Está situado no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, a 23 km ao nordeste da capital lucense.
O xacemento é un exemplo de asentamento destacado, sobre todo entre os séculos II e V d.C., moi importante para o coñecemento, estudio e comprensión do mundo castrexo trala conquista romana.







Continuamos a nosa viaxe, achegándonos a Lugo. onde realizamos un percorrido pola muralla e visitamos a Domus do Mitreo e a Catedral.

VISITA MUSEO UNIVERSITARIO DA DOMUS DO  MITREO (LUGO)



Este Museo,  é un exemplo excepcional da historia urbana da cidade de Lugo. Nel agrúpanse restos arqueolóxicos que permiten coñecer a evolución da cidade, tanto no período romano como en épocas posteriores. No primeiro andar, realizamos un percorrido pola historia do espazo desde a Idade Media ata o século XX.
A oito metros de profundidade baixamos ao segundo elemento arqueolóxico máis importante despois da muralla, a DOMUS DE MITREO , os seus restos corresponden a unha domus, vivenda romana do século I d. C e a un mitreo, templo dedicado ao deus do sol Mitra do século III d. C.

INTERCAMBIO ITALIA

Un grupo de alumno/as  de 2º e 3º da ESO, que tamén participaban no Proxecto Terra,  realizaron un intercambio con alumnos/as  do  IIS A. Meucci in Bassano Romano ( Italia.).
No mes de Marzo, coincidindo co Entroido, o alumnado italiano visitou Ferrol. Durante a semana que durou a súa estancia realizaron  un percorrido polo centro e arredores  de Ferrol,  museos, barrios, praias , ...etc,  tamén  visitaron Santiago de Compostela e  Coruña. Tamén  puideron coñecer  e apreciar aspectos da nosa gastronomía, costumes, cultura e   e tradicións.

No mes de Maio viaxaron os nosos alumnos/as a Italia, acompañados por Maca e Alfonso.
Durante a nosa viaxe a Italia, no intercambio de alumnos/-as que fixemos este ano, prestouse especial atención aos monumentos arquitéctonicos.
Da experiencia vivida o alumnado coa orientación do profesorado  escribiu artigos ou creaou materiais ao respecto que foron publicados no blog  What’s New on the News?, na revista do instituto, e nun dos proxectos eTwinning.
Os alumnos/-as reflexionaron acerca da cultura etrusca tras a visita á necrópolis de Monterozzi, da cultura romana tras visitar Roma e da cultura relacionada con Renacemento tras coñecer o Palazzo Farnese de Caprarola.


















































Ningún comentario:

Publicar un comentario