Onte a compañía de teatro aAntena presentou no noso IES o espectáculo "Golpes", un monólogo no que a atriz Estibaliz Veiga representaba a Pamela, unha moza que sufriu violencia de xénero.
Sen mais artificio que a súa voz e a súa interpretación, encarnaba ás diferentes personaxes coas que Pamela se ía atopando ao longo da vida, tratando de sensibilizar e previr a desigualdade dende onde nacen as relacións adolescentes.
Dun xeito directo e fuxindo do tráxico, Golpes foi un espectáculo onde a protagonista falaba dos golpes que recibiu, como entrou no círculo da violencia, como namorou crendo nos mitos do amor romántico... o alumnado identificaba e recoñecía as accións cotiás de desigualdade coas que se ía topando a protagonista.
Sen dúbida foi unha estupenda actividade onde se sementou a visión "dun mundo mellor posible".
Grazas por todo!!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario