A fin de curso está chegando e que mellor remate para o noso proxecto "Come ben, síntete ben" que un coñecemento directo dos bos produtos que nos ofrece a nosa terra. Con este propósito, Margarita, coordinadora do programa, organizou unha saída a Cedeira para o alumnado de 1º e 2º de ESO que, acompañado por Dolores, Javier e Antonia, fixeron alí unha morea de actividades:
Primeiro visitaron a zona de
marisqueo.
Como o tempo acompañaba, foi unha tarefa divertida. Mágoa que algún ou algunha tivese perda de mollar os pés!
Logo veu unha pequeña andaina.
Despois aprenderon cousas interesantes sobre o marisqueo, as especies da zona, a semente da ameixa.....
Tamén visitaron a lonxa de Cedeira, onde lles explicaron os procedementos da poxa de
peixe, os procesos e artes de pesca, os diferentes tipos de peixe...
E, para
rematar, unha deliciosa merenda con produtos do mar.
Cando nos preparades algunha receita, rapaces e rapazas? 😋
Ningún comentario:
Publicar un comentario