En xuventude.net, a páxina da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e voluntariado, no apartado "Saber+" do Quérote+, atoparedes máis información sobre esta enfermidade. E se tedes calquera dúbida, nesta ligazón poderedes formulala de xeito anónimo e coa certidume de que especialistas no tema vos van respostar.
venres, 8 de decembro de 2017
O IES DE CATABOIS EN LOITA PERMANENTE CONTRA A SIDA
Un ano máis, impulsado polo equipo de Quérote+, o profesorado e mais o alumnado do IES de Catabois amosamos o noso particular xeito de posicionarnos contra a SIDA conformando un lazo vermello humano simbólico.
En xuventude.net, a páxina da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e voluntariado, no apartado "Saber+" do Quérote+, atoparedes máis información sobre esta enfermidade. E se tedes calquera dúbida, nesta ligazón poderedes formulala de xeito anónimo e coa certidume de que especialistas no tema vos van respostar.
En xuventude.net, a páxina da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e voluntariado, no apartado "Saber+" do Quérote+, atoparedes máis información sobre esta enfermidade. E se tedes calquera dúbida, nesta ligazón poderedes formulala de xeito anónimo e coa certidume de que especialistas no tema vos van respostar.
mércores, 29 de novembro de 2017
25N. FERROL EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO MACHISTA.
Non só Ferrol se volveu vestir de negro para reivindicar a fin desta lacra social. Tamén no IES de Catabois, promovido por Quérote+ se levaron a termo actuacións que amosaban a repulsa do noso alumnado contra a violencia de xénero machista. Xunto coa rapazada de Igualdade de Xénero, elaboraron mensaxes de apoio á causa e os discentes de 3º entregaron caramelos contra a violencia de xénero que levaban frases reivindicativas. Nos recreos visualizaron vídeos da campaña e escoitouse por todo o instituto cancións en contra do maltrato da muller.
luns, 9 de outubro de 2017
ARRINCA O CURSO NO IES DE CATABOIS
Benvidos e benvidas a este novo curso.
Neste espazo iremos dando conta das actividades que se estean a desenvolver durante o curso para que toda a comunidade educativa teña acceso a elas. Gustaríanos ademais recibir os vosos comentarios e suxestións, así que animádevos a participar para facer deste blog un instrumento útil para todos e todas.
Por agora, informámosvos de que, para este curso, imos solicitar a participación en diferentes Plans Proxecta. Algúns xa vos son coñecidos, pois xa levamos dous anos desenvolvéndoos; noutros embarcarémonos este curso.
- PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO: Móvete polo Catabois. Bule!
- ALIMÉNTATE BEN: Come ben, síntete ben.
- QUÉROTE+: Coñecémonos, querémonos.
- POR 365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE
- DONAS DE SI
En todos agardamos contar coa vosa implicación. Animádevos a participar e xa veredes que bos resultados obtemos a final de curso.
luns, 12 de xuño de 2017
DEFENDEMOS HÁBITOS SAUDABLES
O alumnado de 1º B quere concienciarnos a todos e todas de que temos que levar unha vida saudable, practicando deporte regularmente, comendo san e non inxerindo alimentos ou bebidas que son perniciosas para o noso organismo. Vede como traballaron o texto argumentativo ao tempo que nos daban tan bos consellos:
NUNO BAAMONDE BECEIRO: CAMPIÓN GALEGO DE TIRO CON ARCO
A fin de semana do 10 ao 11 de xuño deste ano celebrouse en
Pontevedra o Campionato Galego de Tiro con Arco, organizado polo Club Boa Vila.
No evento resultou gañador o noso alumno Nuno Baamonde de 3º A que obtivo o
Primeiro Premio na categoría cadete á que pertence representando ao Club Arco
Ferrol que acadou o primeiro e o segundo posto nas categorías de alevín e
cadete.
O flamante campión prestouse para responder a unhas preguntas e axudar así a difundir o entusiasmo pola práctica do deporte. Cada vez son máis os que se animan. Na foto, co seu trofeo e medalla, vémolo acompañado de Sandra Cepero que tamén practica
tiro con arco, de Eli Tatyanova que xoga ao vóleibol e de Alfonso, o seu
profesor de Educación Física e coordinador do proxecto deportivo de centro.
Entrevistadores:
Cóntanos! Como foi a túa experiencia neste torneo?
Nuno: O torneo
dura dous días porque o sábado compiten as categorías inferiores,
ardillas, infantil e alevín; e o domingo as superiores, cadete,
senior e veterán. A xornada do domingo foi dura xa que competimos de
nove da mañá a nove da noite.
E.: Agardabas este
resultado tan bo?
N.: A verdade é
que non. Non o esperaba ata o ano que vén xa que o meu compañeiro
Pedro Pina levaba xa tres anos nesta categoría e ía primeiro, pero
el púxose nervioso e eu aguantei mellor a presión.
E.: Esta é a
primeira vez que gañas?
N.: De primeiro,
si.
E.: Logo xa
gañaches outros campionatos?
N.: Si, este ano
gañei o Campionato Galego de Sala, no que quedei en segundo posto, e
o Torneo da Federación, no que quedei en 5ª posición.
E.: Como
reaccionaches ao saber que eras o gañador neste torneo?
N.: Primeiro
pensei que era un soño; logo corrín a estreitar a man do meu rival.
E.: Felicidades
pola túa victoria!
N.:Grazas!
Xa vedes: é merecedor do trofeo non só polas súas habilidades no tiro con arco, senón pola súa deportividade!! Noraboa, Nuno.
xoves, 8 de xuño de 2017
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ EN... CEDEIRA
A fin de curso está chegando e que mellor remate para o noso proxecto "Come ben, síntete ben" que un coñecemento directo dos bos produtos que nos ofrece a nosa terra. Con este propósito, Margarita, coordinadora do programa, organizou unha saída a Cedeira para o alumnado de 1º e 2º de ESO que, acompañado por Dolores, Javier e Antonia, fixeron alí unha morea de actividades:
Primeiro visitaron a zona de
marisqueo.
Como o tempo acompañaba, foi unha tarefa divertida. Mágoa que algún ou algunha tivese perda de mollar os pés!
Logo veu unha pequeña andaina.
Despois aprenderon cousas interesantes sobre o marisqueo, as especies da zona, a semente da ameixa.....
Tamén visitaron a lonxa de Cedeira, onde lles explicaron os procedementos da poxa de
peixe, os procesos e artes de pesca, os diferentes tipos de peixe...
E, para
rematar, unha deliciosa merenda con produtos do mar.
Cando nos preparades algunha receita, rapaces e rapazas? 😋
mércores, 7 de xuño de 2017
SOLUCIONANDO CONFLITOS.
Credes que hai conflitos imposibles de resolver?
Acaso dubidades da vosa capacidade de diálogo, de argumentación e de tolerancia respecto a outra persoa?
Isto foi o que traballaron as vosas compañeiras e compañeiros de 3º no Proxecta Quérote+. Ante situacións de conflito, buscaron o diálogo, as alternativas, atoparon solucións e gravaron para vós o resultado final. Velaquí tedes un par de exemplos.
Acaso dubidades da vosa capacidade de diálogo, de argumentación e de tolerancia respecto a outra persoa?
Isto foi o que traballaron as vosas compañeiras e compañeiros de 3º no Proxecta Quérote+. Ante situacións de conflito, buscaron o diálogo, as alternativas, atoparon solucións e gravaron para vós o resultado final. Velaquí tedes un par de exemplos.
luns, 15 de maio de 2017
LIKE POLA DIVERSIDADE NO CATABOIS
A campaña LIKE POLA DIVERSIDADE está promovida por Quérote + e conmemora o Día internacional contra a homofobia e a transfobia o 17 de maio.
Acaso non tedes visto os carteis que puxo o alumnado de 3º da ESO polos corredores? Pois seguro que estes si que os vedes:
mércores, 26 de abril de 2017
PROGRAMA DIANA
O programa Diana é sinónimo de programación creativa en igualdade. Un achegamento á tecnoloxía fóra de calquera prexuízo machista.
O alumnado descubrirá os conceptos básicos de
programación nunha experiencia didáctica e divertida. Coñecerán a ferramenta Scratch (linguaxe de programación
desenvolvida polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) onde poderán
experimentar e deseñar os seus propios xogos e aplicacións. Para finalizar a
actividade contarase, en calidade de tecnóloga, coa participación de Dª Elena
Vázquez Cendón, profesora do Departamento de Matemática Aplicada da
Universidade de Santiago de Compostela para que lles relate a súa experiencia
ás rapazas e rapaces.
Ah, non esquezades que o 27 de abril é o Día Internacional das Rapazas nas TIC.
luns, 24 de abril de 2017
IGUAIS. EU VOU SER
Este título é o que o fotógrafo José Pardo lle puxo á súa exposición. Nela veredes caras de homes e mulleres ferroláns que rachan cos estereotipos impostos na sociedade sobre as profesións e o xénero.
En palabras do seu autor: O proxecto "Iguais" reflicte que as capacidades e as competencias son unha cuestión individual de cada persoa, e non algo que nos vén imposto polo sexo. Queremos que os nosos nenos e as nosas nenas vexan que poden ser o que cadaquén decida, en función das súas preferencias e habilidades.
O alumando dos programas formativos foi o primeiro en visitar a exposición e realizar as actividades. Credes que acertarán coas profesións de cada un
?
En palabras do seu autor: O proxecto "Iguais" reflicte que as capacidades e as competencias son unha cuestión individual de cada persoa, e non algo que nos vén imposto polo sexo. Queremos que os nosos nenos e as nosas nenas vexan que poden ser o que cadaquén decida, en función das súas preferencias e habilidades.
O alumando dos programas formativos foi o primeiro en visitar a exposición e realizar as actividades. Credes que acertarán coas profesións de cada un
?
LOITANDO CONTRA COSTUMES ADQUIRIDOS
Moitas veces herdamos, a través da educación que recibimos, estereotipos que se van perpetuando ou modificando. Ás veces nin nos paramos a pensar nos mesmos, pero aproveitando que traballamos a exposición e a argumentación, na materia de Lingua Castelá quixemos facer unha reflexión sobre algún relacionado coa asociación de determinadas cores ou obxectos que, por tradición, se asocian a nenos ou nenas establecendo unha distinción que non debería de existir. Ou si? Vexamos o que opinaron os rapaces de 3º sobre estes temas.
Propuxéronse estes dous textos para o seu comentario:
TEXTO A:
Azul y rosa en niños y niñas |
“Los padres y
especialistas opinan sobre por qué no debe haber diferencia de
género de los juguetes.
Pareciera que los juguetes
fueran los que marcaran la diferencia entre los géneros. Desde
pequeñas, ellas reciben regalos como cocinas, niños que lloran y a
los que se les debe atender y dar el tetero. Los niños, por su
parte, obtienen carros, armas de fuego, cajas de herramientas y
balones.
Con los juguetes muestran
algo de lo que será el futuro: a las mujeres les toca cuidar del
hogar, y a los hombres, conducir y prestar servicio militar.
Esta estigmatización
representa a la sociedad desde hace años. Sin embargo, en la
realidad, estos roles están cambiando. La mujer es profesional y
delega el cuidado de sus hijos. Los hombres, por su parte, ya cambian
pañales y hasta cuidan a sus hijos.
Según María Alejandra Del
Real, historiadora y máster de la Escuela de Género de la
Universidad Nacional, dice que por la fabricación de juguetes,
colores y formas como se juega, se podría decir que los juguetes
tienen género.
“Esto no es así
–enfatiza–. Aunque existan juguetes que tienen sus
especificaciones, como las muñecas, con las que juegan a ser amigas
, más no a ser guerreras o rivales ”.
TEXTO B:
“Hasta
el siglo pasado, el azul siempre había sido un color femenino
mientras que el rojo masculino. Prueba de ello es que la Virgen
siempre viste con un velo azul y Jesús crucificado se tapa con un
velo rojo.
Azul son Venus y la Luna (astros femeninos), mientras que Marte (astro masculino) es rojo. A finales del siglo XIX los colores pastel se pusieron de moda (rosa y azul). Cuando la moda pasó, se consideró a estos colores infantiles, así que se empezó a vestir a los niños de rosa y a las niñas de azul pastel.
No fue hasta el siglo XX durante la primera Guerra Mundial que se asoció el azul al hombre. El motivo fue que los marines americanos iban con chaquetas azules (azul marino). Los carteles que ensalzaban el heroísmo de los marines poblaban todas la paredes. Se puso de moda vestir a los niños de “marineritos”. En pocos años los colores se intercambiaron y, por esto, hoy en día los niños son azules y las niñas rosas.
Otro tema es el príncipe azul. El nombre de príncipe azul proviene de una época donde el bronceado se consideraba del populacho. Así, los príncipes y nobles tenían la piel tan blanca que se les veían las venas azules.”
Azul son Venus y la Luna (astros femeninos), mientras que Marte (astro masculino) es rojo. A finales del siglo XIX los colores pastel se pusieron de moda (rosa y azul). Cuando la moda pasó, se consideró a estos colores infantiles, así que se empezó a vestir a los niños de rosa y a las niñas de azul pastel.
No fue hasta el siglo XX durante la primera Guerra Mundial que se asoció el azul al hombre. El motivo fue que los marines americanos iban con chaquetas azules (azul marino). Los carteles que ensalzaban el heroísmo de los marines poblaban todas la paredes. Se puso de moda vestir a los niños de “marineritos”. En pocos años los colores se intercambiaron y, por esto, hoy en día los niños son azules y las niñas rosas.
Otro tema es el príncipe azul. El nombre de príncipe azul proviene de una época donde el bronceado se consideraba del populacho. Así, los príncipes y nobles tenían la piel tan blanca que se les veían las venas azules.”
A continuación veredes os seus comentarios. Animádevos a engadir outros ou a comentar sobre estas opinións.
Lara Castro:
"No debe haber juguetes determinados para niños o niñas. La sociedad habla de que debe haber igualdad y con esta distinción no lo demuestra. Los niños o niñas, sean del sexo que sean, deben poder jugar con lo que les guste, no con lo que les venga determinado. El texto A nos muestra que hay más gente que piensa como yo y cómo los juguetes marcaban y, a veces, marcan -aún ahora- la diferencia entre los sexos."
Antía Freire:
"Los colores y los juguetes no deberían ir relacionados con el sexo de la persona, pero normalmente es así como se cría a los niños y a las niñas.
Las niñas, con el paso del tiempo, no sólo reciben juguetes como cocinas o los relacionados con el cuidado de los niños, pero las secciones en los mercados siguen reflejándolo así.
En la actualidad, son menos los padres que hacen esta distinción: ya no ponen a una niña de rosa o le compran un muñeco-bebé como juguete, pero sigue siendo común el comentario de que el rosa es "de niña" y los coches "de niño"."
Mario Martínez:
"Yo pienso que los juguetes están colocados para su venta indistintamente. Los juguetes no distinguen de sexos. Un niño puede comprar una cocinita y una niña un balón de fútbol. Son los padres los que perpetúan esa diferenciación sexista comprando cocinas a sus hijas y herramientas a sus hijos. Lo mismo ocurre con los colores: ningún sexo debe estar representado por ningún color; cada uno viste como quiere."
Gabriel Aneiros:
"Es un tema delicado. Por ejemplo, yo tengo un primo que juega con muñecas y cocinas, pero mi tío, a veces, aún discute con él por este motivo. Con respecto a los colores, también utiliza indistintamente todos los colores, incluidos el rosa y el azul, pero reconozco que esta actitud no es muy frecuente en niños de diez años, que es su edad."
Sergio Teiga:
"La
elección de los juguetes no marca tanto: una vez que niños y niñas
crecen los dejan aparte. En cuanto a los colores, tanto el rosa como el
azul pueden ser para chicos y chicas, según sus gustos."
Emma Prieto:
"Sobre el texto A opino que cada niño o niña debería jugar con el juguete que más le llame la atención y que en los anuncios de revistas o de televisión deberían poner a niños y niñas jugando con todo tipo de juguetes. Sobre el texto B, creo que el color no debería seleccionarse en función del sexo del bebé."
Compartides as súas opinións?
domingo, 23 de abril de 2017
LONXA XUVENIL: ALUMNADO DE 4º ANIMANDO A FACER DEPORTE
Unha das iniciativas
mais interesantes que nos atopamos este ano, foi a “Lonxa Xuvenil”, organizada
pola Concellería de Mocidade do Concello de Ferrol, e que buscaba dar saída ás
inquietudes e intereses da mocidade de Ferrol implicándoos no deseño e planificación
dunha actividade orientada ao seu ocio e intereses de tempo libre. No marco do
PDC (Móvete polo Catabois: Bule!)
pensamos que se trataba dunha oportunidade perfecta para traballar
relacionando deporte e ocio saudable, e así foi como os alumnos de 4º curso
traballaron durante varias semanas con axuda dos técnicos do concello e o
titor, e presentaron un proxecto que a punto estivo –e nós pensamos que o tiña
merecido- de levar un dos tres premios do concurso de ideas.
O nome do noso
proxecto era “Beach Festival Ferrol”: unha semana de música e deporte nas
praias, totalmente gratuíto e complementando con actividades de todo tipo
relacionadas con deporte e música. Así presentaban eles o proxecto:
“BFF é o Festival de música e
deportes de acción mais importante de Ferrol, onde pensamos reunir cada
ano cerca de 120.000 persoas para gozar das competicións, exhibicións,
concertos, gastronomía e o ambiente único que se xenera.
O Festival celébrase na praia de
Doniños (Ferrol), ao aire libre e é totalmente gratuito.
Conta con concertos ao aire libre e sesións de DJs durante toda a
noite que completan a programación. “
Desde o centro estamos moi orgullosos de como nos
representastes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)