mércores, 26 de abril de 2017

PROGRAMA DIANA

O programa Diana é sinónimo de programación creativa en igualdade. Un achegamento á tecnoloxía fóra de calquera prexuízo machista. 

O alumnado descubrirá os conceptos básicos de programación nunha experiencia didáctica e divertida. Coñecerán a ferramenta Scratch (linguaxe de programación desenvolvida polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) onde poderán experimentar e deseñar os seus propios xogos e aplicacións. Para finalizar a actividade contarase, en calidade de tecnóloga, coa participación de Dª Elena Vázquez Cendón, profesora do Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela para que lles relate a súa experiencia ás rapazas e rapaces






Ah, non esquezades que o 27 de abril é o Día Internacional das Rapazas nas TIC.

Ningún comentario:

Publicar un comentario