Así de claro o teñen as alumnas e alumnos de Igualdade de Xénero e do Programa Formativo Básico de Comercio. "Loita á SIDA", "Contra a SIDA" son os lemas que escolleron logo dunha sesión de charla onde se informaron do estado da situación actual en Galicia, onde houbo intercambio de ideas e a planificación da acción como símbolo para este 1 de decembro.
Xa son 18,2 millóns de persoas recibindo terapia, agárdase que en 2020 sexan 30 millóns.
A estratexia 90-90-90 de ONUSIDA, marca para 2020 conseguir as metas de que o 90% das persoas infectadas co VIH estean diagnosticadas, que o 90% das persoas diagnosticadas do VIH accedan ao tratamento antirretroviral e que o 90% das persoas a tratamento manteñan a súa carga viral indetectable.
Sen dúbida, a mellor barreira contra a enfermidade é a prevención. E así o lema deste ano para esta efeméride foi:
“levantemos as mans pola #prevenciónVIH”
Ningún comentario:
Publicar un comentario