SEMANA DE ACOLLIDA DE ALUMNADO FRANCÉS DE VALENCIENNES (18-23 DE MAIO 26)
A semana do 18 ao 23 de maio de 2026, puxemos o punto final a 18 meses de intenso traballo no proxecto Erasmus +: Quercus. Tras viaxar dúas veces a Francia, unha vez a Italia e outra a Grecia; e acoller en catro ocasións a alumnos e profesores italinos e franceses, chegou o momento de levar a cabo a última semana de acollida do curso e do proxecto.
Nesta última acollida, recibimos a 20 rapazas e rapaces xunto con 4
profesores do colexio Joséphine Baker de Valenciennes. Foi unha semana
intensa, chea de emocións, novas amizades, aprendizaxes culturais e
motivación europea. Celebramos o día de Europa unindo os dous programas de internacionalización do centro: Erasmus + e Escolas Embaixadoras Europeas.
Pechamos este proxecto moi satisfeitos, pensando xa na seguinte candidatura para unha nova aventura europea.

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario