Aprender para cambiar o mundo. 5 FEBREIRO 26.

 Aprender para cambiar o mundo.

O pasado 5 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES de Catabois participou nunha charla moi especial da man de María, traballadora da Fundación Tierra de Hombres.

Durante o encontro, María deunos a coñecer o proxecto “Viaxe cara á vida”, un programa solidario que naceu en 1995 co obxectivo de trasladar a España nenos e nenas con patoloxías graves pero curables, como cardiopatías, para que poidan recibir tratamento médico.

Este labor é posible grazas á colaboración entre Tierra de Hombrees e hospitais da sanidade pública, así como ao voluntariado e ás familias de acollida que acompañan aos menores durante a súa recuperación antes de regresar aos seus fogares. 

Grazas a esta rede solidaria, en Galicia 183 nenos e nenas puideron mellorar a súa saúde e calidade de vida.

Unha charla que nos achegou valores de solidariedade, empatía e compromiso social. 💙

#IESCatabois #TierraDeHombres #ViajeCaraAVida#

Un grupo de personas en un salón

El contenido generado por IA puede ser incorrecto.


Comentarios

Publicacións populares