YOUTUBEIRAS 29/01/2026

  YOUTUBEIRAS 

 29/01/2026 

O pasado 29 de xaneiro de 2026, o IES Catabois acolleu a actividade titulada  "Youtubeiras", dirixida aos alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato. Esta iniciativa tivo  como obxectivo principal ensinar aos estudantes as claves para crear contido nas redes  sociais, así como a importancia de contar cunha identidade propia no mundo dixital. 

A xornada empezou cunha introdución sobre o impacto das plataformas de vídeo, como  YouTube, no panorama actual. Os participantes aprenderon sobre as distintas tipoloxías  de contido que se poden crear, desde blogs e tutoriales ata contido educativo e de  

entretenemento. A través de exemplos reais, analizóronse casos de éxito que evidencian  como a autenticidade e a conexión co público son fundamentais para destacar na era  

digital. 


Aos asistentes tamén se lles ensinou a utilizar diversas ferramentas que facilitan a  produción de contido visual, ao mesmo tempo que se abordaron aspectos como a  promoción en redes sociais e a análise de métricas para avaliar o impacto do seu  traballo. 

Un dos momentos máis destacados da actividade foi o momento no que traballaron  nunha ficha que recreaba a creación de contido. 

A resposta do alumnado foi moi positiva, mostrando gran interese e motivación para  explorar as oportunidades que ofrecen as redes sociais. A actividade "Youtubeiras" non  só proporcionou coñecementos prácticos e teóricos sobre a creación de contido senón  que tamén fomentou a reflexión sobre a responsabilidade e o impacto que este pode ter  na sociedade.


Comentarios

Publicacións populares