SEMANA DE ACOLLIDA ALUMNADO ITALIANO E FESTIVAL DE NADAL CURSO 2025-26
18/12/2025
Actividades Desenvolvidas:
1. Carreira solidaria organizada polo departamento de Educación Física
con sorteo de agasallos. Torneo de Datchball a continuación.
2. Panxoliñas de Nadal en galego, francés, inglés e italiano.
Os alumnos de 1º e 2º de ESO subiron ao escenario para deleitarnos cunha serie de panxoliñas
en galego. A música en galego non só encheu o espazo, senón que tamén reforzou a importancia
da nosa lingua e cultura dentro dunha semana con sabor europeo.
Todos xuntos cantamos a modo karaoke en todos os idiomas.
3. Representación Teatral: O Apalpador
O grupo de teatro do centro presentou a obra "O Apalpador", unha divertida e conmovedora
adaptación que narra as tradicións do Nadal galego.
A actuación dos estudantes foi brillante, combinando humor e reflexión,
e conseguiu atraer a atención de todos.
4. Danza: Muiñeira de Chantada
Para pechar a xornada, as rapazas de 1º de bacharelato ofrecéronnos un fermoso baile
da muiñeira de Chantada. A súa actuación foi unha exhibición de destreza e traballo en equipo,
que animou a todo o público a unirse e bailar.
Foi un momento especial que resaltou a riqueza das nosas danzas e tradicións.
5. Entrega de diplomas Erasmus ao alumnado italiano.
6. Badaladas e festa baile como peche final para unha semana internacional e ao mesmo
tempo tradicional dentro do noso centro. Xuntos compartimos uns momentos finais de baile
e risas con toda a comunidade bailando e desfrutando desta festa de fin de ano.

Comentarios
Publicar un comentario