DÍA DA FILOSOFÍA. CAFÉ FILOSÓFICO.
DÍA DA FILOSOFÍA. CAFÉ FILOSÓFICO “ O NADA ” 21/11/2025
Co gallo do día da filosofía o departamento de Dinamización e o departamento de Filosofía celebramos un café filosófico.
A idea era fomentar o pensamento crítico do alumnado de 1º de Bach e animalos a expresarse en galego.
Falouse do nada, do infinito, da materia, de universos paralelos, do que hai despois da morte …
Expresaron as súas ideas e os seus pensamentos en lingua galega.
Nós invitamos a café, colacao e galletas e eles agradecéronolo participando activamente.

Comentarios
Publicar un comentario