No día de hoxe o alumnado de 1º ESO participou nun obradoiro impartido por unha educadora da ONG Cromosomos X, asociación sen ánimo de lucro que pretende corrixir o tabú e a pobreza menstrual.
O obradoiro "cambia as regras, vive os teus ciclos" pretende derrubar mitos e tabús asociados á menstruación, así como tamén que o alumnado coñeza as características de cada unha das fases do ciclo menstrual para entender os cambios físicos e emocionais que se producen no mesmo, e diferencie entre molestia e dor e recoñeza a dor incapacitante.
Despois da sorpresa inicial, porque aínda segue a ser tabú falar destes temas, hai que destacar o interese e o comportamento do alumnado, así como a metodoloxía utilizada pola poñenete. Grazas Bárbara!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario