Hoxe, un grupiño de alumnas e unha docente do IES de Catabois asistiron ao encontro final do Laboratorio de Apoderamento LGBT+ 2024 no Auditorio Municipal de Narón. Ali estaban tamén representantes de alumnado doutros centros educativos participantes nesta primeira edición: o IES de Fene, o IES Terra de Trasancos, o IES Fernando Esquío, o CPI San Sadurniño e o CPI de Atios, e tamén traballadoras da cooperativa Rexenerando, e a promotora do proxecto, a Deputada de Igualdade, Soledad Agra, como representante da administración financiadora, ademais de técnicas e concelleiras das áreas de igualdade de Fene, Ferrol, Narón, Neda, San Sadurniño e Valdoviño.
Grazas a todas pola vósa participación e implicación !!! Continuaremos traballando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario