O IES de Catabois participa xunto con outros 5 centros da comarca nun Laboratorio de Apoderamento LGBT+, un proxecto de innovación educativa sobre diversidade sexual financiado pola Deputación da Coruña.
O LAB LGBT+está impulsado pola cooperativa Rexenerando. É un programa de carácter social, que busca sensibilizar no respecto á diversidade sexual
Todo o alumnado de 4º ESO tivo durante o mes de outubro dúas sesións de formación. A terceira e última sesión foi no mes de novembro, e nesta sesión só participou alumnado voluntario, o que está realmente interesado en formar parte do proxecto e activarse contra a LGBT fobia.
Ademais da formación do alumnado, tivo lugar un obradoiro para familias, docentes, persoal de administración e servizos e outros membros da comunidade educativa que quixeron participar.
A seguinte sesión de formación será o 9 de decembro de 18:00 a 20:00 h.
Animádevos a participar!! Inscripción: i.gal/lab_lgbt_adultas
No mes de decembro haberá unha gala final onde participarán activamente todos os axentes implicados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario