10 alumnas e alumnos do noso IES viaxaron a Pont-Croix, unha vila da Bretaña francesa para participar nun intercambio dentro do noso proxecto KA122 Quercus.
A experiencia foi un éxito e o alumnado puido practicar a lingua estranxeira, descubrir unha rexión coa que temos moito en común e desfrutar dunha paisaxe atlántica moi semellante á nosa.
En maio, seremos nós os que recibamos aos nosos correspondentes bretóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario