O alumnado de 2º e 3º ESO da materia do Proxecto Competencial e o alumnado de 1º Bacharelato da materia de Bioloxía e Xeoloxía tiveron unha formación impartida por CEIDA sobre os espazos naturais protexidos. A primeira xornada desenvolveuse no noso centro, onde coñeceron de maneira sinxela e amena as características dun espazo natural protexido e a súa importancia. Na segunda xornada realizaron unha ruta guiada polo Parque Natural das Fragas do Eume, onde coñeceron o patrimonio natural e cultural que alberga este espazo, así como o seu valor ambiental xeral a través da historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario