sábado, 23 de marzo de 2024

REMATAMOS O MURAL DOS ROTEIROS CIENTÍFICOS, ARTÍSTICOS E LITERARIOS- "RUTAS CAL"







 

PONTE NAS ONDAS!! “Obradoiro de instrumentos de corda”, impartido por Pancho Álvarez

 


Obradoiro de instrumentos de corda tradicionais galegos dirixido polo instrumentista porriñés Pancho Álvarez no marco do Programa Ponte nas Ondas, no cal o IES de Catabois está adscrito. 

Logo dunha presentación por parte do alumnado do artista e do Programa Ponte nas Ondas, o instrumentista amosa ao estudantado unha selección de instrumentos de corda tradicionais galegos, violín, viola, lira, viola de gamba, arpas medievais, guitarra de dez cordas, zanfona, entre outros, e interpreta melodías tradicionais ao tempo que os convida a que collan os instrumentos e toquen. Así mesmo, explica a orixe medieval de moitos destes instrumentos como a arpa medieval, que está elaborada a partir de petróglifos galegos, e mesmo a zanfona, herdeira do organistrum do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela.

En distintos momentos do obradoiro, Pancho Álvarez interactúa co alumnado presente, quen lle vai facendo preguntas previamente preparadas na aula arredor da súa actividade musical e dos instrumentos que presenta. 

A obradoiro será complementado na aula con actividades sobre instrumentación e visionado da APP Os instrumentos do Pórtico da Gloria”.
















sábado, 16 de marzo de 2024

PONTE NAS ONDAS! O profesorado do IES de Catabois recibe unha charla sobre o proxecto.



 

Proxecta +: Deseñando os cartazes

  Dentro do Plan Proxecta+ Publicidade Sana, continuamos a desenvolver o plan coa elaboración dos cartaces que servirán de base para a venda do produto.

   Colaborando entre os departamentos de Economía, Debuxo e Historia, estamos a ensinarlles aos alumnos as diferentes técnicas da carterlería tanto histórica como actualmente.

    Son uns primeiros borradores utilizando diversas técnicas que procedermos a pulir de cara á fase final do proxecto. 

    Primeiro fixeron os bosquexos a mán.




    
    E despois experimentaron ca intelixencia artificial, creando unha imaxe relacionada co tema, para montar o cartace nun programa dixital.








xoves, 14 de marzo de 2024

CHARLA PREVENCIÓN ACOSO E CIBERACOSO

    No día de hoxe o alumnado de 1º ESO participou nunha actividade contra o acoso e o ciberacoso escolar grazas ao Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos. Foi impartida por Beatríz, axente da Policía Nacional.

   

 

   Puxo énfase nas consecuencias do acoso escolar para quen o sufre, e  na responsabilidade de todos en denuncialo e combatilo. Tamén lembrou as consecuencias legais dos causantes, e falou da lei do menor e da responsabilidade familar. 






 A continuación lembramoslles a existencia do punto laranxa (físico no corredor da aula de Tecnoloxía, e virtual na pax. web) que funciona como un buzón no que o alumnado, dende o anonimato, pode trasladar situacións de acoso propias ou que perciban en terceiros.


Completouse a sesión coa participación do alumnado mediador de 3º ESO que quixo incidir  no uso da mediación como proceso de resolución de conflitos, no que se traballa co outro e non contra o outro, para buscar unha solución que satisfaga a todas as partes.

 

 

 

venres, 8 de marzo de 2024

Plan Proxecta+ : Os alumnos xa filleron os logos da empresa o envoltorio do produto final

  Dentro do Plan Proxecta+ Publicidade Sana, os alumnos xa están a deseñar o envoltorio para poder vender o produto, utilizando as técnicas publicitarias e de deseño aprendidas.

            Traballamos a iniciativa emprendedora cun produto final que poida ser visualizado e percibido materialmente.

            Nas fotografías podemos ver varios  proxectos de logos tanto feitos en boceto como dixitalmente, e varios caixas de envoltorio realizadas na clase de Expresión Artística.

BOCETOS DOS LOGOS


   


LOGOS DIXITÁIS

 

  

PRODUTO



EMBALAXES