Todos os departamentos organizaron unha proba da Xincana que o alumnado foi resolvendo en equipos. Decoración de aulas, actuacións musicais, uvas para as doce badaladas e entrega de premios foron, algunhas das actividades realizadas o 22 de decembro. O noso centro foi decorado cunha árbore navideña realizada a partir de refugallos. Este proxecto foi coordinado pola profesora de Plástica e elaborado polos seus alumnxs, ademáis é unha das actividades que incluímos no proxecto Erasmus + " Upcycling: A Proyect from Bottom to Top" na que participa xunto con outros países o IES de Catabois.
Ningún comentario:
Publicar un comentario