luns, 26 de decembro de 2022

Festival de Nadal 2022

 Todos os departamentos organizaron unha proba da Xincana que o alumnado foi resolvendo en equipos. Decoración de aulas, actuacións musicais, uvas para as doce badaladas e entrega de premios foron, algunhas das actividades realizadas o 22 de decembro. O noso centro foi decorado cunha árbore navideña realizada a partir de refugallos. Este proxecto  foi coordinado pola profesora de Plástica e elaborado polos seus alumnxs, ademáis é unha das actividades que incluímos no proxecto Erasmus + " Upcycling: A Proyect from Bottom to Top" na que participa xunto con outros países o IES de Catabois.













mércores, 21 de decembro de 2022

Iniciamos o Plan Proxecta+ Galicóns 2022-23: PUBLICIDADE SANA

         Tras a concesión do Plan Proxecta+ Galicons ao IES de Catabois iniciamos as actividades relacionadas coa Publicidade Sana e os distintos obradoiros de dito programa. O plan consistirá en diversas actividades e obradroiros para que os alumnos se formen un criterio sobre os distintos tipos de impactos publicitarios que reciben a diario nos medios e nas redes sociais.

Os alumnos  de 4º ESO estiveron a traballar na materia de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial a historia da publicidade, vendo varias dos exemplos dos anuncios televisivos ao longo do tempo e a comparalo coa publicidade televisiva que se recibe na actualidade. 


Por outra banda na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, os alumnos estiveron a deseñar o produto do obradoiro 3 do plan proxecta+ Publicidade Sana consistente na creación dunha taza para a súa venda no centro.





(c) Departamento Economía IES Catabois

venres, 28 de outubro de 2022

Viaxe de Erasmus a Turquía

 

Catro alumnas e dúas docentes do IES de Catabois partiron o 9 de outubro rumbo a Turquía para participar no encontro de diferentes grupos que a nivel europeo participan no proxecto Erasmus + “Upcycling: A Project Bottom to Top”. Alí pasaron seis días inolvidables creando obras artísticas a partir de materiais de refugallo que é o eixo sobre o que xira o proxecto. Ademais tiveron tempo de empaparse e adentrarse na vida do país facendo camiñatas e deportes na natureza, por exemplo realizaron un tour pola cidade de Giresun a orillas do Mar Negro e pola cidade de Ordu;  visitaron o parque natural de Kuzulan, coa súa cascada e o seu lago azul, os travertinos de Göksu e subiron en teleférico ata Boztepe onde disfrutaron dunha preciosa paisaxe. 












luns, 11 de xullo de 2022

 UNHAS PROFESIÓNS DE COIDADO

Para a antropóloga feminista, Margaret Mead a fractura dunha pata dun animal implica a súa morte ante a imposibilidade de poder protexerse e alimentarse. É presa facil para outros animais. Igual ocorre coas persoas se non son coidadas. 

Por isto, a aparición dun fémur fracturado e curado é o primeiro signo de civilización, porque significa que algunha persoa se encargou de protexer á persoa cuxa perna se fracturou, levouna a un lugar seguro, proporcionoulle alimentos e todos os coidados que requeriu para a súa recuperación.



Este debuxo titúlase "A miña nai e as mulleres da miña veciñanza e pintouno un estudiante de 9 anos Anujhat Vinayal de Thrissur de Kerala, India, quen, ao preguntar polo traballo da súa nai, ouía dicir ao seu pai: "so está na casa, non fai nada".



Estes son dous exemplos que nos falan da importancia e á vez da invisibilidade que teñen os coidados para o desenvolvemento da vida, traballos que, na maioría das sociedades recaen nas mulleres.


Co gallo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, no IES de Catabois realizamos diferentes actividades adicadas a poñer en valor os COIDADOS da vida. Quixemos que os coidados pasaran a formar parte en primeiro plano e sacalos da súa eterna invisilidade.


Seguindo os principios da corresponsabiliadade social, a Pedagoxía dos coidados explícanos que a coidar apréndese, como afirma Nell Noddings (filósofa e educadora feminista) todos/as temos dereito  a ser coidados e todos/as podemos coidar, ensinando a coidar a saúde física, psiquica e social propia e a dos demais e da natureza e o entorno




Fíxose unha presentación nas aulas sobre a razón de escoller os coidados como tema clave no Día Internacional da Muller co alumnado de 3º e 4º da ESO e dos Programas Formativos Básicos (PFB) e como fin de actividadde viñeron a falarnos de coidados a Directora de Cruz Roja Ferrol, María Silveira Santamaría, Xelo Paz Rodríguez, Educadora Social da Residencia de maiores de Ortigueira e Rafael Rodríguez Martínez, Presidente de ALCER, Asociación de loita contra as enfermidades renais.
 
As actividades cos grupos de 1º e 2º da ESO estiveron centradas no deporte como hábito de vida saudable, como o deporte coida do noso benestar psiquico e social. Para esta actividade contamos co Clube de Remo da Cabana, representado en Manuel López Rio, Brais López e Tania Gabía Rascado  entrenadores e participante feminina dando así visibilidade á muller nun deporte minoritario na comarca

Dende o IES de Catabois moitas grazas a todas as persoas 
 que colaboráchedes para que a sociedade avance. 👏👏👏💯

mércores, 8 de xuño de 2022

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E FORMACIÓN SOBRE A DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL

    Co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia do respecto e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual, organizamos un obradoiro impartido por Cristina Palacios, presidenta de Arelas, asociación de familias de menores Trans.

Temos que agradecer o seu bo facer, e a súa implicación. A súa intervención non deixou indiferente a ninguén. Grazas Cristina pola túa labor!

 






mércores, 1 de xuño de 2022

mércores, 18 de maio de 2022

Viaxe de Erasmus a Tesalónica (Grecia) do 7 ao 14 de maio

 Catro alumnos e dúas docentes do IES de Catabois partiron o 7 de maio rumbo a Grecia para participar no encontro de diferentes grupos que a nivel europeo participan no proxecto Erasmus + “Upcycling: A Project Bottom to Top” . Pasaron uns días inolvidables traballando no proxecto. Alí fabricaron obxectos de colgar con materiais de desfeito e ademais escoitaron o himno europeo e outras cancións con obxectos musicais tamén creados con este tipo de materias de desfeito aos que deron unha nova vida. Pero no medio, ademais tiveron tempo de empaparse e adentrarse na vida do país facendo camiñatas e deportes na natureza, por exemplo no Parque Nacional Agios Nikolaos para valorar a beleza e concienciar da necesidade de respectar o medio natural. Visitaron Vergina, onde está un xacemento arqueolóxico declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Alí está enterrado Filipo II de Macedonia, pai de Alejandro Magno.

Visitaron o Museo Tecnolóxico de Noesis onde asistiron ao planetario con impresionantes imaxes e a exposición de Génesis, onde a partir de residuos represéntase coa proxección de sombras toda a historia da Terra dende o inicio do Universo ata a actualidade. 

Ademais probaron a deliciosa comida griega, aprenderon os seus bailes e bañáronse no Mar Egeo, que máis se pode pedir?