xoves, 25 de novembro de 2021

25 N. Día contra a violencia de xénero 2021

 Para conmemorar o día contra a violencia de xénero o alumnado do IES de Catabois asistiu a unha charla-taller sobre esta temática. Ademáis todo o centro, profesorado, alumnado e personal non docente participou na gravación dun vídeo cantando a canción de Amaral "Salir corriendo". 

Alumnado da ESO 


                       Alumnado de Bacharelato, PFB, profesorado e persoal non docente







mércores, 17 de novembro de 2021

O que aprendemos da Pandemia

 Xa tivemos a ocasión de coñecer o curso pasado a Sonia Villapol, científica galega que desenvolve o seu labor no Centro Médico de Texas (Houston, EEUU) e que forma parte do Equipo e Investigación Internacional da Covid-19. Unha espléndida divulgadora que un ano máis polo mes da ciencia en galego compartiu o seu saber cos centros educativos galegos. Entre estos centros estivo o 16 de novembro o IES de Catabois participando en directo na videoconferencia “ O que aprendimos da pandemia”  cos alumnos de 3º ESO e 1º Bac.







mércores, 3 de novembro de 2021

VIAXE A ZAGREB (CROACIA). PROXECTO ERASMUS + KA 229 “UPCYCLING: A PROJECT FROM BOTTOM TO TOP”

A creación de obras artísticas a partir de materiais de refugallo é o eixo sobre o que xira o proxecto de intercambio escolar Erasmus no que participa o IES de Catabois. O programa, iniciado o pasado curso pola profesora Carmen Torres –que agora xa non está no centro– permite ao alumnado entrar en contacto con estudantes dos outros cinco países participantes: Polonia, Grecia, Turquía, Portugal e Croacia. Na capital deste último, en Zagreb, foi o primeiro encontro entre representantes de cada un dos socios. Nesta primeira mobilidade viaxaron catro alumnas e dúas profesoras. Alí compartiron experiencias cos demais compañeiros, así como puxeron en práctica as súas competencias lingüísticas en inglés e coñeceron o traballo que cada un dos países está a desenvoler no marco da actividade.