Este curso o alumnado do centro, tras o éxito acadado o curso pasado, participou de novo no proxecto Consumópolis que nesta convocatoria tiña por lema: Os teus actos poden cambiar o mundo ¿cómo o farías ti?
Como a demanda era moita decidimos participar en dúas
categorías: na 2ª cun grupo de 2º ESO e na 3ª con dous grupos de 3º ESO e 4º
ESO.
Primeiramente o alumnado, en xeral, non só os participantes no concurso, participou a principios de novembro nos obradoiros sobre Etiquetado, Publicidade e Resolución de conflictos que nos viñeron impartir dende o instituto galego de consumo.
https://consumo.xunta.gal/es/igcc/actualidade/el-instituto-gallego-del-consumo-y-de-la-competencia-imparte-varios-talleres-sobre-consumo-responsable-en-el-ies-de-catabois-en-ferrol

Na primeira fase os rapaces e rapazas participantes tiveron
que facer nove probas individuais pola cidade virtual de Consumópolis:
- ordea letras -
4 imáxenes para 1 palabra
- o mellor dos catro
- cadea depreguntas I
- cadea de preguntas II - verdadeiro/falso
- boa memoria
- a foto escondida
- a cidade misteriosa
todas relacionadas con consumo para así acadar puntos para o
seu equipo.
Na segunda fase debían diseñar, elaborar e presentar un
cómic con mensaxes de apoio ao lema da convocatoria e que trataran unha das
catro temáticas que eles proponían.
Por mor da pandemia o concurso tivo que ser suspendido, unha mágoa, xa que o noso alumnado fixo uns magníficos traballos que
vos imos amosar.
O grupo de 2º ESO escolleu o tema
“Criterios e valores na
compra de productos
por internet ou en tenda física” e fixo unha
fotonovela titulada:
Da nube as baixar e ao teu veciño mercar.
O grupo de 3º ESO escolleu o tema “Os nosos deberes como
persoas consumidoras na publicidade” e fixo unas viñetas explicativas deses
deberes utilizando como exemplo un produto moi mercado nestes tempos, o móvil, co titulo Deberes do consumidor.
O grupo de 4º ESO escolleu o tema “Os nosos dereitos como
persoas consumidoras na publicidade” e fixo unha parodia denunciando os enganos
que atopamos na publicidade titulada: Galletas galileo, no te sentirás feo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario