domingo, 24 de maio de 2020

CULTIVANDO HABILIDADES


QUÉROTE +
FICHA 6: CULTIVANDO HABILIDADES

Este curso debido a situación de confinamento motivado polo COVID-19 modificamos o desenvolvmenteo desta actividade. Convocouse pola plataforma educativa Webex ao alumnado para situalos e recordarlles o que fixeran ao longo do curso respecto do programa Quérote con outro profesorado, as charlas que tiveron… e explicarlles a actividade que eu lles ía propoñer, en qué consistía.





 


 Posteriormente enviei por correo electrónico a proposta e o alumnado enviou as súas conclusións. A verdade e que non quedou tan chula como outros anos que fixéramos unhas escinificacións e role-playing;  a actividade era moito mais vistosa, enganchaba mais, xa que o alumnado podía entrenar en parellas as distintas maneiras de resistir ás presións do grupo.


Estas son algunhas das súas conclusións: “se non quero ter relacións sexuais non as teño a min dáme igual que os seus amigos as tivesen” “Se non quero telas negarame e lle diría que non” “Eu non teño que facer o que os demais queiran simplemente diría que non” “os demais non deben influír na túa opinión se eu digo que non, é non e nada vai cambiar iso”




Ningún comentario:

Publicar un comentario