xoves, 16 de xaneiro de 2020

VISITA OS MUSEOS DOMUS E MUNCYT

O  día 14 de Xaneiro 45 alumnos dos cursos de 2º, 3º e 4º da ESO acompañadas polas profesoras de matemáticas e a profesora de bioloxía realizaron unha visita á Domus e ao museo Muncyt en A Coruña en horario de 10:00 a 18:00.
Chegaron sobre as 11:00 e no Laboratorio Aberto da Domus, os alumnos de 3º ESO e os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO transformáronse en biotecnólogos realizando unha transformación bacteriana e participaron na procura dunha diana para o tratamento contra a arterioesclerose. Mentres, o resto do alumnado visitaba a sala de exposicións da Domus e realizaba un cuestionario sobre os distintos paneis desta sala.

A comida foi no centro comercial “ Los Rosales” , xa a continuación visitaron o museo Muncyt onde os alumnos  realizaron o desafío MUNCYT, unha actividades que consistía en percorrer o museo a través dunha serie de retos descubrindo por eles mesmos as cousas asombrosas que esconden as distintas salas deste Museo Nacional de Ciencias e Tecnoloxía.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario