PROXECTO TERRA
CURSO 2018-19
Por segundo ano participamos r co alumnado de 2º,
3º y 4º de ESO no Proxecto Terra integrado no Plan Proxecta da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os días 9 e 10 de
abril, dentro do proxecto, tmos concederon a actividade complementaria
INTERCAMBIO TERRITORIAL GUIMARAES (Portugal).
Este proxecto desenvolveuse durante todo o curso
participando 47 alumnas/os e 7 profesoras.A organización realizouse a
través dos ámbitos de coñecemento, lingüístico, , histórico-xeográfico,
tecnolóxico e artístico. Realizando diversas actividades encamiñadas a promove
no noso alumnado o coñecemento do territorio e a súa posta en valor dende a
identidade.
ACTIVIDADES REALIZADAS
-"RUTAS LITERARIAS ARTÍSTICAS E CIÉNTIFICAS"
O alumnado de 3º e 4º da ESO na primeira
semana de novembro participou no programa convocado polo o Ministerio de Educación e Formación
Profesional " Rutas literarias artísticas e cientifícas".. Realizando a Ruta
“Murcia y Andalucía (Andalucía Oriental)” . Participaron 22 alumnos/
acompañados por as profesoras Pilar e Teresa. Compartiron a viaxe co IES I
Esteban Manuel de Villegas de
Najera ( A Rioxa).
O Tema
específico a desenvolver: "O
noso patrimonio cultural como legado do pasado e un recurso para o futuro",
considerando a iniciativa da Unión Europea para o ano 2018 como o Ano europeo
do patrimonio cultural.
As primeiras
actividades realizáronse, nas clase de
Lingua Castelá, Música, Inglés, Tecnoloxía e Xeografía e Historia. Repartíronse as tarefas, entre as diferentes
áreas para realizar, unha presentación do patrimonio material e inmaterial, cultural
, etnográfico, artístico, costumes, localización ..etc.. de Ferrol e contorna , para amosarlla
ao centro da Rioxa. O Centro da Rioza tamén realizou a presentación do seu
lugar de orixe .
As Presentacións serviron de de intercambio cultural e facilitou o
coñecemento e a interrrelación do noso alumnado co da Rioxa.
Durante o
desenvolvemento do programa fixerónse visitas
a diferentes centros de investigación
con desenvolvemento aplicado de coñecementos científicos, centros de
observación, laboratorios, paseos por parques naturais, centros históricos, cidades de interese
artístico, literario e musical, museos, teatros, auditorios, ambientes literarios,
etc. , máis emblemáticos de Cartaxena,
Almería, Granada e Málaga.
O álbum da viaxe publicouse no blog
do IES
de Catabois coa etiqueta “Rutas Cal”
TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
O alumnado
de 2º da ESO centrou as actividades neste primeiro trimestre en tratar os
aspectos máis signifcativos da “Paisaxe,” nas materias de Xeografía e
Historia, Inglés, Galego, Tecnoloxía,
Educación Plástica e Valores Éticos.
Realizouse
unha análise da toponimia e a paisaxe que serviulles para comprender e entender
coma forma parte da identidade patrimonial e cultural.
Na materia de Tecnoloxía realizaron traballos de investigación:
A CASA DE PAMPÍN
Aproveitamos,
en todos os niveis , no tempo semanal de
lectura na aula, para ler o cómic de Miguel Anxo Prado ”
A CASA DE PAMPÍN”
Durante
á hora de titoría, tendo como base o cómic, realizamos un debate sobre a
importancia e o valor das terras, o que
nos impón unha sociedade consumista e como temos que loitar para manter
edificios con un equilibrio coa paisaxe.
“IDENTIDADE TERRITORIAL”
Traballamos a unidade do Proxecto TERRA –PAGUS, “IDENTIDADE TERRITORIAL”, proxección do vídeo,
realización do caderno de traballo e continuamos con debates e análise e
concreción do seu contorno, Ferrol e
comarca, coa finalidade de que o alumnado comprenda os diferentes elementos que
configuran o hábitat, as transformacións feitas polo ser humano e os seus
impactos negativos, a necesidade de ordenar o territorio, a identificación
daqueles elementos organizadores da paisaxe que perduran no tempo e a ligazón
entre ser humano e territorio.
ANALIZANDO A CONTORNA , A NOSA CIDADE: FERROL
O alumnado de 3º e 4º de ESO realizaron un
percorrido pola cidade de Ferrol identificando e fotografando aspectos negativos como rúas, vivendas, espazos de lecer en situación de
deterioro o ruinoso.
Fotografías que serviron de base para o
debate e reflexión sobre a importancia e necesidade de actuar, administracións e cidadanía, reparando
e rehabilitando moitas zonas e edificios.
Este abandono na reparación de rúas, estradas,
zonas axardinadas, valados, o estado
ruinoso de edificios tanto en barrios periféricos coma na zona Centro, levoulles
a a pensar na importancia de mellorar a actuación
humana con respecto ao hábitat e como repercutirá nas súas vidas de
continuar sen variar estas situacións.
Un grupo de alumnas/os de 3º e 4º de ESO nas
clases de Valores éticos guiados pola súa profesora, Mónica, fixeron unha pequena
presentación amosando algunhas destas
situacións. Podedes vela no seguinte enlace: FERROL
INTERCAMBIO TERRITORIAL
GUIMARAES (PORTUGAL)
O día 9 de abril comezamos (30 alumnos/as acompañados polas profesoras Mónica, Carmen e Rosa) a nosa andadura cara a
Guimaraes (Portugal).
A primeira parada é preto
de Guimarães, no alto do monte de S.
Romão sobre o magnifico val do río Ave, para realizar, a pesar da choiva, o percurso
por Citania de Briteiros un dos
exemplos máis significativos da cultura castrexa que desenvolveuse no século
II a.C. no Noroeste da Península Ibérica.
Neste lugar , son visibles os trazos da organización dunha cidade , con as súas rúas, protexidas por murallas , dentro das cales estaban as estancias de planta circular ou rectangular dispostas as veces, en pequenas “mazás” , incluíndo refuxios para o gando. Sorprende apola súa beleza e conservación
Neste lugar , son visibles os trazos da organización dunha cidade , con as súas rúas, protexidas por murallas , dentro das cales estaban as estancias de planta circular ou rectangular dispostas as veces, en pequenas “mazás” , incluíndo refuxios para o gando. Sorprende apola súa beleza e conservación
Tras xantar nos diriximos ao Mosteiro de Souto San Salvador. Igrexa románica, barroca e neoclásica, pertencente ao antigo mosteiro medieval dos canónicos de San Agustín. Aínda conserva algún vestixios do templo primitivo, como a cornixa con elemento de banda decorado visigodo e lombardo.
Os veciños do lugar son os que
preocupáronse e ocúpanse da súa conservación e mantemento.
A primeira hora da tarde, chegamos a Guimaraes, considerado o lugar onde naceu Portugal,porque foi onde naceiu o primeiro rei de Portugal, Alonso Henriques,que se convertiría en Alfonso I de Portugal Realizamos un pequeno percurso guiado en autobús pola cidade rematando na base do teleférico.
A continuación, a pesar da choiva intermitente,subimos no teleférico ao
Monte da Penha ou Monte
de Santa Catarina. Alí poidemos desfrutar dunha paisaxe
natural única.
No máis alto atopase o” Santuario da Penha”, centro moi importante de peregrinación e faro de Guimaraes. Monumento de gran beleza no medio dun bosque frondoso con fontes e camiños entre grandes rochas de granito redondeadas, excavada nunha delas atopase a “Ermida de Nossa Senhora do Carmo”,, que visitamos internándonos nunha especie de paso.
Despois do descenso cara á cidade, e unha vez deixado
o equipaxe no albergue, fomos visitar un antigo curtume, restaurado e
convertido hoxe no Centro "Ciencia Viva-Curtir Ciencia", situado na zona de Couros da cidade, que destacou durante séculos
polo tratamento de coiro e téxtiles. Nalgúns dos seus pavillóns podemos asistir
aos seus talleres de robótica, reciclaxe, astronomía e comunicacións.
Completamos a intensa xornada cun paseo nocturno polo centro da cidade para contemplar no seu Largo do Toural as súas famosas luces de Nadal que manteñen ao longo do ano e que é un orgullo para os seus veciños.
No segundo día tras o almorzo e
recollida das habitacións no albergue, comezamos visitando a zona de Couros.
A tradición do traballo en coiro xa é antiga en
Guimarães. Actividade que tivo lugar desde a Idade Media fóra das antigas
murallas xunto ao río que atravesa a cidade, nunha zona coñecida por ser o
burgo de Couros e onde actualmente atópanse os vestixios desa antiga conexión
co fabricación das peles.
O antigo “burgo de couros” era a zona mais insalubre de Guimarães. Os
curtidores e surradores eran as categorías profesionais ligadas a esa
desaparecida manufactura da curtimenta que nos legou un espazo onde é posíbel apreciar
as condicións de traballo dun primitivo parque industrial.
Continuamos a nosa andadura visitando o Centro Histórico de Guimaraes. O alumnado realizou actividade en grupos “Á descoberta do Centro Histórico de Guimaraes”, resolvendo as pistas que lles proporcionaba a actividade, descubriron os monumentos e lugares máis significativos do centro histórico dun xeito moi dinámico e ameno. Resultoulles moi entretecido.
Rematada a actividade nos diriximos a visitar o antigo Castelo
de Guimarães , que defendeu á antiga cidade dos
ataque de árabes e normandos. O pequeno castelo é unha ruína parcial na cima do
Monte Largo. De camiño pasamos polo Pazo dos Duques de Bragança.
Coa visita do
Castelo completamos a nosa visita, e despois de xantar regresamos a
Ferrol, realizando pequena parada na Fortaleza.
Moitas grazas a todos/as os/as que fixeron posíbel que puideramos facer esta viaxe tan enriquecedora e agradable.
Museo do Castro de Viladonga
O conxunto arqueolóxico e museístico de
Viladonga ocupa todo o cumio dun monte desde o que se domina un amplo
panorama sobre a Terra Chá lucense e as serras de Monciro e de Pradairo e a de
Meira. Está situado no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, a 23 km ao
nordeste da capital lucense.
O xacemento é un exemplo de asentamento
destacado, sobre todo entre os séculos II e V d.C., moi importante para o
coñecemento, estudio e comprensión do mundo castrexo trala conquista romana.
Continuamos a nosa
viaxe, achegándonos a Lugo. onde realizamos un percorrido pola muralla e
visitamos a Domus do Mitreo e a Catedral.
VISITA MUSEO UNIVERSITARIO DA DOMUS DO MITREO (LUGO)
Este Museo, é un exemplo excepcional da historia urbana da cidade de
Lugo. Nel agrúpanse restos arqueolóxicos que permiten coñecer a evolución da
cidade, tanto no período romano como en épocas posteriores. No primeiro andar,
realizamos un percorrido pola historia do espazo desde a Idade Media ata o
século XX.
A oito metros de profundidade baixamos ao segundo elemento arqueolóxico
máis importante despois da muralla, a DOMUS
DE MITREO , os seus restos corresponden a unha domus, vivenda romana do século I d. C e a un mitreo, templo dedicado
ao deus do sol Mitra do século III d. C.
INTERCAMBIO ITALIA
Un grupo de alumno/as de 2º
e 3º da ESO, que tamén participaban no Proxecto Terra, realizaron un
intercambio con alumnos/as do IIS A. Meucci in Bassano Romano ( Italia.).
No mes de Marzo, coincidindo co
Entroido, o alumnado italiano visitou Ferrol. Durante a semana que durou a súa
estancia realizaron un percorrido polo
centro e arredores de Ferrol, museos, barrios, praias , ...etc, tamén visitaron Santiago de Compostela e Coruña. Tamén
puideron coñecer e apreciar aspectos
da nosa gastronomía, costumes, cultura e e
tradicións.
No mes de Maio viaxaron os nosos
alumnos/as a Italia, acompañados por Maca e Alfonso.
Durante a nosa viaxe a Italia, no
intercambio de alumnos/-as que fixemos este ano, prestouse especial atención
aos monumentos arquitéctonicos.
Da experiencia vivida o alumnado
coa orientación do profesorado escribiu artigos ou creaou materiais
ao respecto que foron publicados no blog What’s New on the News?, na revista do
instituto, e nun dos proxectos eTwinning.
Os alumnos/-as reflexionaron
acerca da cultura etrusca tras a visita á necrópolis de Monterozzi, da cultura
romana tras visitar Roma e da cultura relacionada con Renacemento tras coñecer
o Palazzo Farnese de Caprarola.