luns, 14 de xaneiro de 2019

CHARLA SOBRE AS ITS E OS MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS

Al Capone, Beethoven o Freddie Mercury contraeron ITS

O luns 14 de Xaneiro o alumnado de 3º ESO asistiu a unha charla sobre as Infeccións de transmisión sexual (ITS) e os métodos anticonceptivos impartido polo Colexio Oficial de Farmacéuticos.
Grazas a esta charla, coñeceron que son ITS, por que están causadas,  como se transmiten e cales son as medidas de prevención.
 Coñeceron enfermidades como a sífilis, gonorrea, VIH....,infeccións moi comúns hoxe en día. As estatísticas indican que 1 de cada 10 persoas padecerá unha enfermidade deste tipo.

Agora tócalles realizar un completo traballo sobre os contidos desta charla. Ánimo rapaces!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario