Un ano máis arrincamos coas solicitudes dos Plans Proxecta. Repetiremos cos programas que tivemos o curso pasado e nos que tan bos traballos desenvolveu toda a rapazada e o profesorado:
- Proxecto Deportivo de Centro
- Quérote+: Educación sexual na aula
- Por 365 días de respecto e igualdade
- Donas de si
- Proxecto Terra
E solicitaremos un novo, para concienciar sobre un consumo responsable: Consumópolis.
Tamén teremos froita e lácteos na escola: o habitual reparto de froita durante dez días no primeiro trimestre e outros dez no segundo. E, durante case durante todo o curso, a partir do mes de novembro, reparto de envases de leite.
Logo comezaremos o noso traballo. Contamos coa vosa participación para que os programas dean os seus froitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario