luns, 9 de abril de 2018

CONCEPCIÓN E ACONCEPCIÓN (QUÉROTE+)


FICHA 7
ACONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN

Obxectivo:
·         Contribuir ao coñecemento da erótica persoal
·         Potenciar o uso do preservativo como método de protección ante os embarazos non planificados e as ETS

Destinatarios:
·         Alumnado de 3º da ESO do IES Catabois

Profesorado:
·         Dolores Allegue Bujía
·         Sonia Anido Doeijo

Temporalización:
·         Dúas sesión de 50 minutos

Desenvolvemento da actividade:

            Organizamos o desenvolvemento da actividade en dúas sesións. A primeira sesión para a búsqueda da información e a outra sesión para a posta en común desa búsqueda e as posibles dúbidas que puidesen xurdir ou ter con respecto ao tema a tratar.

           Na primeira sesión se lles explicou aos alumnos en que ía consistir a ficha sobre a que iamos traballar. Mostróuselles a páxina web de QUEROTE+  explicándolles un pouco en que consiste e que conten e deixamos un tempo para que navegasen pola páxina e se familiarizasen con ela. Tras esa toma de contacto coa páxina, pedíuselles, de xeito indiviual, que buscasen información sobre as dúbidas que lles poidaran xurdir sobre as formas de relacionarse afectivamente e que intentasen buscan 10 maneiras diferentes de ter relacións eróticas que non implicasen posibilidade de embarazo.

       Na seguinte sesión, os alumnos achegaron maneiras diferentes de ter relacións eróticas que non impliquen posibilidade de embarazo e puxéronse en común. Os alumnos chegaron as seguintes relacións:
-       Apretas
-       Besos
-       Caricias
-       Sexo anal
-       Sexo oral
-       Masturbación
-       Felación
-       Masaxes

Tras poñer todo isto en común, intentamos explicarlles as consecuencias de non utilizar o preservativo nas relacións sexual que impliquen penetración e se lles puxo fincapé no feito de que non só protexe do embarazo senón tamén das enfermidades de transmisión sexual. Tamén se lles fala da importancia de facer controis ginecolóxicos e urolóxicos posto que os controis son necesarios tanto nas mulleres coma nos homes.

Algúns alumnos teñen dúbidas así que intentamos resolvelas dentro das nosas, as veces, limitacións xa que só podemosrespostar a partir da experiencia e do coñecemento externo. Se lles recomenda ao alumnado acudir a un centro de planificación se as dúbidas non quedan debidamente resoltas.

Conclusión:
          Foron dúas sesións moi amenas onde, cremos, que a rapazada viu resoltas moitas das súas dúbidas aínda que non sendo expertas ás veces as explicacións puideron resultar explicadas só dende o punto de vista da experiencia. Botamos en falta a presenza dun experto no tema para poder contestarlle de maneira máis explícita o alumnado. Mais xa saben que na páxina Quérote teñen o seu espazo para mandar as dúbidas que lles serán respostadas de xeito anónimo polos especialistas na materia. 

Dolores Allegue Bujía                                                Sonia Anido Doeijo

Ningún comentario:

Publicar un comentario