xoves, 29 de marzo de 2018

OS LIBROS NON ENTENDEN DE DISCRIMINACIÓN SEXUAL

Esta foi a conclusión á que chegou o alumnado de 2º da ESO da materia de Igualdade de Xénero cando revisou todo o material bibliográfico con que o CFR de Ferrol enchera a maleta violeta da Igualdade.

Iolanda, profesora de Igualdade e coordinadora do Quérote +,  traballou con estes títulos tanto no grupo de Igualdade de 2º da ESO como cos grupos de 3º implicados no Quérote+. Collían un libro, lían algunhas páxinas do interior ao chou (sen ler a sinopse da contraportada) e facían unha reflexión para o grupo sobre o argumento e a temática que crían que podía ter. 





martes, 13 de marzo de 2018

NAIS, AVOAS, FILLAS, IRMÁS, TÍAS.... EXEMPLOS PARA O 8M.

No día internacional da muller traballadora, as nais, avoas, irmás, tías, primas, fillas... do noso alumnado, foron as protagonistas na celebración do día. 

Trouxemos os seus mandilóns e plasmamos neles os motivos polos que nós tamén parabamos en apoio á folga convocada polos colectivos feministas. Promovido desde o equipo Quérote+ e Igualdade de Xénero, tamén colaboraron especialmente Por 365 días de respecto e igualdade e Donas de si







Logo de confeccionarmos a pancarta, colgamos os mandilóns no cerre do instituto e marchamos cara o punto de encontro coa manifestación máis próxima. 

Foi moi emotivo ver como traballadoras e nais se achegaban a nós e dábanlles os parabéns ás alumnas e alumnos que alí estaban protestando pola aínda precariedade e desigualdade da muller no traballo. Logo das 2 horas de paro volvemos ás aulas e deixamos no corredor central a pancarta e mais os mandilóns como lembranza do día.