luns, 22 de xaneiro de 2018

ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS VISITA IES DE CATABOIS


Grazas a Sole, coordinadora do Proxecto Terra e arquitecta sen fronteiras tamén, tivemos a sorte de que representantes desta ONG nos visitasen para achegar a nosa rapazada ao seu funcionamento. 
Arquitectura sen fronteiras traballa na defensa do dereito das persoas a un hábitat digno. Desenvolven proxectos integrais relacionados coa arquitectura, o urbanismo, as infraestruturas e a educación e sensibilización, co obxectivo de provover un desenvolvemento local non dependente, participativo e sustentable, respectando o medio ambiente e as diferentes culturas. 

As actividades que realizan agrúpanse en:
  • Proxectos de cooperación en países do Sur.
  • Actuacións no entorno local.
  • Sensibilización e educación (denuncia, formación e campañas informativas).







Ningún comentario:

Publicar un comentario