luns, 12 de xuño de 2017

DEFENDEMOS HÁBITOS SAUDABLES


O alumnado de 1º B quere concienciarnos a todos e todas de que temos que levar unha vida saudable, practicando deporte regularmente, comendo san e non inxerindo alimentos ou bebidas que son perniciosas para o noso organismo. Vede como traballaron o texto argumentativo ao tempo que nos daban tan bos consellos:





NUNO BAAMONDE BECEIRO: CAMPIÓN GALEGO DE TIRO CON ARCO


A fin de semana do 10 ao 11 de xuño deste ano celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego de Tiro con Arco, organizado polo Club Boa Vila. No evento resultou gañador o noso alumno Nuno Baamonde de 3º A que obtivo o Primeiro Premio na categoría cadete á que pertence representando ao Club Arco Ferrol que acadou o primeiro e o segundo posto nas categorías de alevín e cadete. 
O flamante campión prestouse para responder a unhas preguntas e axudar así a difundir o entusiasmo pola práctica do deporte. Cada vez son máis os que se animan.  Na foto, co seu trofeo e medalla, vémolo acompañado de Sandra Cepero que tamén practica tiro con arco, de Eli Tatyanova que xoga ao vóleibol e de Alfonso, o seu profesor de Educación Física e coordinador do proxecto deportivo de centro.



Entrevistadores: Cóntanos! Como foi a túa experiencia neste torneo?
Nuno: O torneo dura dous días porque o sábado compiten as categorías inferiores, ardillas, infantil e alevín; e o domingo as superiores, cadete, senior e veterán. A xornada do domingo foi dura xa que competimos de nove da mañá a nove da noite.

E.: Agardabas este resultado tan bo?
N.: A verdade é que non. Non o esperaba ata o ano que vén xa que o meu compañeiro Pedro Pina levaba xa tres anos nesta categoría e ía primeiro, pero el púxose nervioso e eu aguantei mellor a presión.

E.: Esta é a primeira vez que gañas?
N.: De primeiro, si.

E.: Logo xa gañaches outros campionatos?
N.: Si, este ano gañei o Campionato Galego de Sala, no que quedei en segundo posto, e o Torneo da Federación, no que quedei en 5ª posición.

E.: Como reaccionaches ao saber que eras o gañador neste torneo?
N.: Primeiro pensei que era un soño; logo corrín a estreitar a man do meu rival.

E.: Felicidades pola túa victoria!
N.:Grazas!


Xa vedes: é merecedor do trofeo non só polas súas habilidades no tiro con arco, senón pola súa deportividade!! Noraboa, Nuno.

xoves, 8 de xuño de 2017

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ EN... CEDEIRA

A fin de curso está chegando e que mellor remate para o noso proxecto "Come ben, síntete ben" que un coñecemento directo dos bos produtos que nos ofrece a nosa terra. Con este propósito, Margarita, coordinadora do programa, organizou unha saída a Cedeira para o alumnado de 1º e 2º de ESO que, acompañado por Dolores, Javier e Antonia, fixeron alí unha morea de actividades:

Primeiro visitaron a zona de marisqueo.







 Como o tempo acompañaba, foi unha tarefa divertida. Mágoa que algún ou algunha tivese perda de mollar os pés!

Logo veu unha pequeña andaina.

 


 













Despois aprenderon cousas interesantes sobre o marisqueo, as especies da zona, a semente da ameixa..... 




Tamén visitaron a lonxa de Cedeira, onde lles explicaron os procedementos da poxa de peixe, os procesos e artes de pesca, os diferentes tipos de peixe...


 



 















E, para rematar, unha deliciosa merenda con produtos do mar. 




















Cando nos preparades algunha receita, rapaces e rapazas? 😋

mércores, 7 de xuño de 2017

SOLUCIONANDO CONFLITOS.

Credes que hai conflitos imposibles de resolver?
Acaso dubidades da vosa capacidade de diálogo, de argumentación e de tolerancia respecto a outra persoa?
Isto foi o que traballaron as vosas compañeiras e compañeiros de 3º no Proxecta Quérote+. Ante situacións de conflito, buscaron o diálogo, as alternativas, atoparon solucións e gravaron para vós o resultado final. Velaquí tedes un par de exemplos.