mércores, 21 de decembro de 2016

XOGOS TRADICIONAIS PARA O NADAL

Quen dixo que xogar á ra era aburrido? E as carreiras de saco? E máis cando hai que compartir o saco. Acaso algunha vez serrastes un tronco á man? 
Este Nadal puidemos xogar a isto e a moito máis na xornada de xogos tradicionais que se promoveu desde o Proxecto Deportivo de Centro. 

 
 


 



A que foi unha mañá divertida? Pois bulide, preguntádelles aos vosos pais e avós a que xogaban de pequenos e gozade dunha xeira difernte. 


xoves, 15 de decembro de 2016

EN NADAL QUE COMEMOS?





 Aínda non tedes o menú das festas preparado? Pois vede que adianto levan as rapazas e rapaces de 1º coa súa profe Beatriz. Xa seleccionaron os alimentos que cómpre ter na neveira para estas datas. Hai que ser previsor e mercar con tino, tendo coidado cos excesos, que xa sabedes que non son bos. De todos xeitos, fixeron unha escolla ben equilibrada, mesturando producto fresco con algunha que outra lambonada. Algún capricho nos poderemos dar despois do esforzo do trimestre, non si?





martes, 13 de decembro de 2016

Tuneando o MONÓLOGO DE UN MALTRATADOR

MONÓLOGO DE UN MALTRATADOR
De nuestro amor ni un desacato acato,
que sea tu llanto del decoro coro 
y mis caricias de tu aforo foro. 
Sólo soy yo quien tu recato cato.
tus labios a los míos, lloro oro,
juro otra vez que yo te adoro, doro
tu piel con celos, te maltrato, trato
confía en mí y en mis promesas, esas
con que te até con desabrida brida.
que no harás nunca de tu huida ida,
que son tus dudas por impresas presas.

Y mientras grito y te desato, ato
de convencerte, amor: olvida, vida,
Júrame aquí que estas pavesas besas,
Raúl Vacas

O alumnado de IGUALDADE DE XÉNERO quixo que o monólogo do maltratador de Raúl Vacas tomasen outro rumbo e aquí tedes o resultado. 








venres, 9 de decembro de 2016

A TOMAR FROITA!

Os rapaces e rapazas do Catabois xa andan a facer os preparativos para a primeira semana de reparto de froita. Aquí os vedes moi afanados na elaboración dun cartel coa axuda da súa profesora Margarita. A semana que vén todos a comer froita. Ai, que rica e que saudable!!







xoves, 8 de decembro de 2016

E DESPOIS DE FEITA A TORTILLA...

Cando na casa se fai unha tortilla non queda miga no prato, pero é que esta rapazada non deixa nin as caixas dos ovos. Mirade en que acabaron aqueles ovos teatreiros que se estaban a cociñar:




14 de outubro: Día mundial do ovo

mércores, 7 de decembro de 2016

Loita contra a SIDA


Segundo a OMS, cada ano rexístranse, en todo o mundo, máis de 448 millóns de casos novos curables de ITS (bacterianas e protozoarias) entre homes e mulleres de idades comprendidas entre os 15 e os 49 anos. Tamén se producen todos os anos millóns de ITS atribuíbles principalmente ao VIH, herpesvirus humanos, ao virus do papiloma humano (VPH) e ao virus da hepatite B (VHB). Con carácter xeral, as ITS, sobre todo o VIH, afectan máis a poboacións con baixos recursos, e as infeccións bacterianas afectan especialmente a poboación nova e mulleres. Se ben, como dicimos, a maioría das ITS e as súas consecuencias afectan máis ás persoas de países en vías de desenvolvemento, as rexións desenvolvidas non se libran desta epidemia mundial. Nestas últimas, a incidencia da gonococia e a sífilis diminuíu na década dos 80 grazas á mellora dos servizos sanitarios e aos cambios dos comportamentos debidos á aparición do VIH/sida. Nos últimos anos estase apreciando un incremento das ITS asociado a un aumento das prácticas de risco. Nos países desenvolvidos, as tendencias socioculturais e os movementos migratorios fan prever un aumento da morbilidade. Ademais, a aparición de resistencias fronte aos medicamentos de uso habitual. 
Na nosa comunidade, a vía de transmisión sexual é a máis importante en enfermidades como a infección polo VIH/sida, infeccións polo VPH, o herpes xenital simple e a hepatite B. Algunhas destas infeccións teñen ademais especial importancia porque poden pasar da nai ao fillo durante o embarazo, parto ou lactación. 
En Galicia, igual que sucede no resto de España ou de Europa Occidental, a infección polo VIH/sida e outras ITS afectan maioritariamente a homes. Se nos referimos á transmisión heterosexual, no período 2004-2013, a infección polo VIH en Galicia afecta case por igual homes e mulleres cunha razón home/muller de 1,4. Neste mesmo período, esta vía de transmisión supuxo o 76 % dos casos de VIH declarados en mulleres residentes en Galicia, o que nos orienta sobre onde centrar os esforzos na prevención (2). 
O éxito da terapia antirretroviral (TAR) aumenta a supervivencia das persoas afectadas, e polo tanto cada ano, aumenta o número de persoas vivindo co VIH/sida. Segundo ONUSIDA, o número de persoas vivindo co VIH/sida en 2013 aumentou un 9% con respecto ao 2005 (32.100.000). A situación da infección polo VIH no mundo é moi heteroxénea e a rexión subsahariana segue a ser a máis afectada. Ademais, o 71,4% das novas infeccións de todas as idades prodúcense na África subsahariana. Estímase que, en 2013, se reduciu o número de novas infeccións máis do 27% con respecto ao ano 2005 (2.900.000). Aínda que, globalmente, o número de novas infeccións foi diminuíndo, este segue a ser moi elevado.
Segundo os datos do European Centre for Disease Prevention and Control (ECDC), a infección polo VIH segue a ser un dos principais problemas de saúde pública nos países da Unión Europea/Área Económica Europea (UE/EEA). A incidencia anual provisional comunicada no ano 2012 foi de 0,58/106 hab. cun total de 29.381 casos, e estímase que acadará arredor de 0,62 casos/106 hab. despois de corrixir o atraso na comunicación. Estes datos parecen confirmar unha estabilización na incidencia.  A pesar deste acusado descenso, España segue a ser un dos países de Europa Occidental con maior incidencia de sida. O patrón de transmisión mudou, e mentres que a porcentaxe de novos casos de sida diminuíu de forma importante nas persoas UDI (24% en 2012), a porcentaxe por vía sexual aumentou (66% en 2012; HSH: 31%, heterosexual: 35%). Non obstante, a verdadeira dimensión da enfermidade está no número de persoas infectadas polo VIH. 




luns, 5 de decembro de 2016

ACCIÓN CONTRA A SIDA

Así de claro o teñen as alumnas e alumnos de Igualdade de Xénero e do Programa Formativo Básico de Comercio. "Loita á SIDA", "Contra a SIDA" son os lemas que escolleron logo dunha sesión de charla onde se informaron do estado da situación actual en Galicia, onde houbo intercambio de ideas e a planificación da acción como símbolo para este 1 de decembro. 






Xa son 18,2 millóns de persoas recibindo terapia, agárdase que en 2020 sexan 30 millóns. 

A estratexia 90-90-90 de ONUSIDA, marca para 2020 conseguir as metas de que o 90% das persoas infectadas co VIH estean diagnosticadas, que o 90% das persoas diagnosticadas do VIH accedan ao tratamento antirretroviral e que o 90% das persoas a tratamento manteñan a súa carga viral indetectable.

Sen dúbida, a mellor barreira contra a enfermidade é a prevención. E así o lema deste ano para esta efeméride foi: 

 “levantemos as mans pola #prevenciónVIH”