Temos concedidos catro dos cinco Plans Proxecta solicitados! Continuamos neste curso 2016-2017 cos programas iniciados o curso pasado: Aliméntate ben!, Proxecto Deportivo de Centro e Quérote+. Ademais
este curso o alumnado de 4º de ESO entrará en contacto co cine europeo a través do Proxecta CinED, grazas a un novo proxecto deseñado por Pilar Alvariño que resultou ser un dos seis seleccionados para toda Galicia.
Foi unha mágoa que non nos concederan o quinto Plan: Por 365 días de respecto e igualdade. O proxecto era moi interesante, pero había un número limitado de centros. Non vos preocupedes, traballaremos esta temática desde outras actividades e volveremos intentalo o próximo ano!
Agora toca comezar a andadura deste curso. Rapaces e rapazas, agardamos polas vosas ideas para darlles forma. Un ano máis queremos facer moitas cousas con vós!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario