xoves, 6 de marzo de 2025

OBRADOIRO "CAMBIA AS REGRAS, VIVE OS TEUS CICLOS"

   No día de hoxe o alumnado de 1º ESO participou nun obradoiro impartido por unha educadora da ONG Cromosomos X, asociación sen ánimo de lucro que pretende corrixir o tabú e a pobreza menstrual. 

   O obradoiro  "cambia as regras, vive os teus ciclos" pretende derrubar mitos e tabús asociados á menstruación, así como tamén que o alumnado coñeza as características de cada unha das fases do ciclo menstrual para entender os cambios físicos e emocionais que se producen no mesmo, e diferencie entre molestia e dor e recoñeza a dor incapacitante.

  Despois da sorpresa inicial, porque aínda segue a ser tabú falar destes temas, hai que destacar o interese e o comportamento do alumnado, así como a metodoloxía utilizada pola poñenete. Grazas Bárbara!!



 

 

xoves, 13 de febreiro de 2025

TALLER DE HABILIDADES SOCIAIS E AUTOESTIMA

 Hoxe visitounos Esteban, psicólogo da fundación INGADA (instituto Galego do TDAH e trastornos asociados) para facer co alumnado da ESO un taller para mellorar as súas habilidades sociais e aumentar a autoestima.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da súa intervención co grupo de 3º ESO. 

Grazas Esteban!!